Xestión Cultural USC

Posgrao en Xestión e Innovación Cultural da USC | BenCuriosa deseña e coordina integralmente este programa formativo dende a súa primeira edición no ano 2014. Na actualidade, está co-dirixido por Sergio Lago e Isabel Neira, profesora de economía aplicada na USC.

A formación, agora con periodicidade bienal, celebra 10 anos de traxectoria ofrecendo un programa formativo práctico adaptado ás características do sector cultural galego e ás necesidades das profesionais. Nesta década consolidouse como un espazo clave para tecer redes, diferenciándose polo seu amplo plantel de docentes -profesionais en activo de toda a Península– que comparten o seu coñecemento para #AprenderFacendo e #AprenderCompartindo sobre xestión cultural.