Conjunciones, momento del encuentro entre profesionales de formación superior

A mediación cultural na educación superior: aprendizaxes desde CONJUNCIONES

No Posgrao en Xestión e Innovación Cultural da USC a mediación cultural foi gañando peso nos últimos anos, converténdose nun eixo clave dos contidos e das convidadas que enriquecen a formación. E esta fin de semana levounos ata Madrid, onde tivemos a oportunidade de participar en CONJUNCIONES, o primeiro encontro sobre mediación cultural na educación superior.

O evento, organizado pola Universidade Autónoma de Madrid, a Fundación Daniel e Nina Carasso e Hablar en Arte, reuniu a 40 docentes e 23 formacións de todo o Estado vinculadas a Complemento Directo, un programa de bolsas que combina apoio económico con mentorías individuais e colectivas para o impulso da formación en mediación cultural.

Un espazo para compartir coñecemento e trazar futuros

Este encontro foi unha gran oportunidade para poñer en común experiencias, debater sobre o estado da formación superior e analizar a súa conexión co mundo profesional e coa democracia cultural. Entre as moitas achegas interesantes, compartiuse un mapa interactivo no que se poden consultar as diversas formacións existentes neste ámbito:

🔗 Mapa de formacións en mediación cultural

Recursos clave sobre mediación cultural

Ademais, a organización recompilou unha serie de lecturas para afondar no tema e comprender mellor os retos e oportunidades da mediación cultural na actualidade. Aquí deixamos algúns enlaces de interese:

📖 FOTO FIJA (2018-2019)
Un informe sobre a situación da mediación cultural no Estado español, coordinado por Pedagogías Invisibles en colaboración con diversas entidades. Explora a evolución da mediación, a formación das mediadoras e os desafíos do sector.
🔗 Ler informe completo

📖 Rehacer y Expandir la mediación cultural
Investigación de AMECUM sobre os cambios e novas prácticas na mediación cultural tras o impacto da pandemia en 2020.
🔗 Ler informe completo

📖 Alianzas para una democracia cultural
Unha análise sobre proxectos de mediación apoiados pola Fundación Daniel e Nina Carasso, vinculados aos dereitos culturais e a democracia cultural. Coordinado por Cristian Añó.
🔗 Ler informe completo

📖 CAJA
Arquivo dixital da plataforma MAR, que recompila experiencias e recursos sobre arte, educación, mediación cultural e pedagogías críticas.
🔗 Explorar o arquivo

Grazas á organización por este espazo de encontro e aprendizaxe! Seguimos tecendo redes para unha mediación cultural máis conectada e transformadora.

Publicacións similares