Xa están dispoñibles, en aberto, todos os vídeos das charlas que tiveron lugar no marco do I Encontro Coruña Dixital, amosando as principais tendencias e iniciativas máis interesantes no eido da cultura dixital e da innovación social.
As intervencións, todas elas de menos de vinte minutos, son, polo tanto unha interesante introdución ás novas prácticas dixitais e a exemplos de proxectos tecnolóxicos sociocomunitarios, de contidos dixitais colectivos, do espírito maker e tamén de proxectos de programación e robótica educativa.
.
.
Coruña Dixital, un programa promovido dende a área de Culturas e Coñecemento do Concello da Coruña, está comisariado e coordinado polo noso compañeiro Sergio Lago.
Podes visitar o proxecto e seguir todas as novidades en coruñadixital.gal