Que pode contar un muíño de vento sobre un barrio?

Que pode contar un muíño de vento sobre un barrio?

A iniciativa Aquí antes había un muíño , impulsada pola librería e espazo cultural Galgo Azul, busca poñer en valor a memoria e a identidade do barrio da Agra do Orzán (A Coruña). Faino a través dun programa participativo e interxeracional que combina faladoiros, murais artísticos, obradoiros e roteiros arredor do antigo muíño de vento…

Cartografía da acollida: espazos e persoas que coidan da comunidade

Cartografía da acollida: espazos e persoas que coidan da comunidade

Celebramos no Museo Provincial de Lugo, da man do museólogo e xestor cultural Leo Casado e ao abeiro do programa Estratexias de Museoloxía Social 2025 -que coordinamos para a Rede Museística Provincial de Lugo-, o obradoiro Cartografía da Acollida. A idea deste taller era xerar un espazo de encontro e conexión entre persoas. Convidamos especialmente…

Que pode contar un museo dixital sobre a mobilidade humana e as migracións?

Que pode contar un museo dixital sobre a mobilidade humana e as migracións?

Presentamos no Pazo de Tor (Lugo) o novo Museo Virtual da Migración da RMPL, unha iniciativa impulsada pola Rede Museística Provincial de Lugo que deseñamos e desenvolvemos desde BenCuriosa como espazo dixital para repensar as migracións desde a cultura, os dereitos humanos e a participación. Na presentación participaron Iria Castro Fernández, deputada delegada de Cultura…

Presentación no Museo Provincial de Pontevedra do proxecto Saberes Próximos. De pé, diante dun gran número de persoas tamén de pé, Sara Fraga explica os detalles do proxecto

Levamos os nosos Saberes Próximos ás Xornadas de Museos e Educación Patrimonial

O Museo Provincial de Pontevedra acolle estes días a segunda edición das Xornadas de Museos e Educación Patrimonial, que se celebran baixo o lema Construíndo futuros dende a educación. Estas xornadas teñen como obxectivo conectar a persoas vinculadas á educación en museos e universidades de Galicia, España e Portugal. E xiran arredor de tres eixos:…

A imaxe recolle un momento da gravación do podcast Habitando, no que BenCuriosa participou aportando a súa visión sobre narrativas dixitais e, particularmente, as posibilidades dos mapas virtuais

Compartimos as nosas experiencias sobre narrativas dixitais con Arquitectura sen Fronteiras

Narrativas dixitais é un concepto moi amplo. Nel caben propostas tecnolóxicas tan complexas como as experiencias inmersivas. Pero tamén posibilidades accesibles para a meirande parte das persoas, a través da formación e o acompañamento. Partimos da base de que a tecnoloxía debe estar ao servizo das persoas e, neste caso, do que queren contar. E…

As posibilidades do transmedia máis alá do audiovisual

As posibilidades do transmedia máis alá do audiovisual

As narrativas dixitais, inmersivas e transmedia xeran experiencias que poden  integrarse nun relato no que, a persoa espectadora, pase a ser parte activa da proposta escénica. En liñas xerais, esa é a idea na que se basea o teatro inmersivo e transmedia e do que vén de falar, e experimentar, o #LAIC de Coruña Dixital…

Narrativas dixitais fronte o relato de odio na Rede

Narrativas dixitais fronte o relato de odio na Rede

O #LAIC de Coruña Dixital estivo adicado este pasado mes de febreiro ás posibilidades da comunicación dixital fronte o discurso de odio presente na Rede, igual que noutros ámbitos da nosa vida cotián. Esta proposta, que se enmarca dentro da actual edición do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación adicada ás narrativas dixitais, inmersivas e transmedia, desenvolveuse…

O valor cultural das experiencias inmersivas no #LAIC de Coruña Dixital

O valor cultural das experiencias inmersivas no #LAIC de Coruña Dixital

O pasado mes de xaneiro o programa municipal Coruña Dixital, que coordina o noso compañeiro Sergio Lago, ofreceu  a posibilidade de achegarse á lóxica cultural das experiencias inmersivas (grandes instalacións audiovisuais, realidade virtual, arte envolvente,…) da man dunha referencia neste ámbito, como é José Luis de Vicente, investigador cultural e comisario, entre outras propostas, de…

O impacto da tecnoloxía nas nosas vidas no ciclo Distopías Cotiás

O impacto da tecnoloxía nas nosas vidas no ciclo Distopías Cotiás

A  biblioteca do centro Ágora da Coruña acolle dende este mes de xaneiro o ciclo Distopías Cotiás: un espazo de reflexión e diálogo sobre tecnoloxías e prácticas que hai pouco tempo semellaban ciencia-ficción e que hoxe forman parte na nosa realidade cotiá. Pretendemos abordar temáticas con gran impacto na nosa sociedade como: ética no desenvolvemento…

As narrativas dixitais e transmedia, protagonistas do #LAIC de Coruña Dixital

As narrativas dixitais e transmedia, protagonistas do #LAIC de Coruña Dixital

O pasado 17 de decembro abriu as súas portas no Centro Ágora da Coruña a nova tempada do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC) de Coruña Dixital, cunha sesión adicada ás posibilidades das narrativas transmedia no sector audiovisual. Esta primeira charla, que se completou  cunha segunda xornada orientada a como encaixar as pezas dun…

As posibilidades creativas da tecnoloxía protagonizan a nova convocatoria das Xornadas sobre Mediación Cultural do CCG

As posibilidades creativas da tecnoloxía protagonizan a nova convocatoria das Xornadas sobre Mediación Cultural do CCG

As Xornadas sobre Mediación Cultural que promove no Consello da Cultura Galega o noso compañeiro Marcos Lorenzo celebraron o pasado 3 de decembro unha nova sesión. Tras unha primeira achega a pasada primavera á animación sociocultural e á cultura colaborativa, nesta nova convocatoria o ciclo apostou por unha aproximación á cultura dixital. Esta segunda sesión,…

Coruña Dixital reanuda a súa actividade nesta nova tempada 2019-20
|

Coruña Dixital reanuda a súa actividade nesta nova tempada 2019-20

O programa Coruña Dixital, impulsado desde a Concellería de Educación e Culturas da Coruña, reanuda a súa actividade trala pausa do verán, coordinado e comisariado polo noso compañeiro Sergio Lago a través da cooperación empresarial con Xeneme Proxectos Sociais, que dirixe Diego Parajó. Neste outono o programa centrarase en dúas das súas liñas fundamentais: por unha banda,…