Un equipo de profesionais ao servizo do coñecemento e da creatividade en común.
Desde BenCuriosa queremos contribuír á renovación do ecosistema cultural, impulsando procesos de xeración e intercambio de coñecemento e deseñando solucións novidosas para estimular o desenvolvemento creativo de organizacións, comunidades e territorios.
Partimos dunha noción de cultura aberta (inclusiva, exploradora, dinámica) que aposta pola implicación cidadá e a finalidade social dos proxectos, pola cooperación entre axentes culturais e creativos, polo vínculo co tecido empresarial e pola conexión coa esfera internacional, desde unha forte ancoraxe na nosa identidade.
O equipo
Sergio Lago
Formado en Gráfica Publicitaria e Educación Social, dende 2003 ven participando na creación e dirección de numerosos proxectos no ámbito cultural galego. Ten traballado tamén en iniciativas do eido TIC, especialmente na implantación de estratexias dixitais para institucións e empresas do sector creativo.
En 2011 foi escollido como director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, desenvolvendo xunto ao equipo de nócomún e ata maio de 2013, o proceso de reformulación estratéxica do modelo de feira, así como a organización integral do evento anual. Entre 2013 e 2015 asumiu a coordinación técnica na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, con quen segue a colaborar, sendo responsable do deseño e coordinación do Banco galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural. Membro da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, dende 2016 é tamén comisario e coordinador de Coruña Dixital, un programa innovador do Concello da Coruña que promove a difusión das novas prácticas creativas baseadas na cultura dixital.
// Twitter @sergio_lago // Linkedin
Ruth Sousa
Formada en realización audiovisual, a súa traxectoria profesional estivo ligada inicialmente ao departamento técnico da TVG e varias produtoras. Posteriormente, desenvolveu noutros medios galegos outros perfís vinculados á redacción de contidos. Especialmente no Grupo Voz, tanto na radio e o xornal como, principalmente, a súa canle de televisión.
Nos últimos anos, ademais de colaborar puntualmente en medios como a revista Tempos Novos, reorientou o seu interese profesional cara o ámbito da cultura. É experta universitaria en Xestión Cultural pola USC, ademais de especialista en Estratexias Dixitais en Institucións Culturais pola UOC.
// Twitter @ruthsousaes // Linkedin
Laura R. Duarte
Formada en Comunicación Audiovisual e experta universitaria en Xestión Cultural pola USC. Deu os seus primeiros pasos no eido da comunicación e da produción colaborando coa distribuidora musical e teatral Culturactiva e, paralelamente, para a Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía.
Ligada ao mundo das artes escénicas, fai teatro amador na Compañia Pábulo e colabora coa Asociación Cultural Tábula.
Patricia Mañá
Formada en Administración e Dirección de Empresas pola USC, continúa a súa formación académica co mestrado universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira. Deu os seus primeiros pasos no ámbito empresarial con experiencias prácticas en diversas empresas, ligados ao ciclo formativo en Administración e Finanzas. Chegou ao equipo de BenCuriosa a través da bolsa Creando Mellora que impulsa a Unión de Cooperativas de Galicia Espazo Coop.
A nosa rede
Marcos Lorenzo
Membro fundador de BenCuriosa, xunto a Sergio Lago, actualmente desenvolve o seu traballo no ámbito público, como técnico de cultura municipal. Mantén a súa colaboración en iniciativas sen ánimo de lucro, nas que colaboramos con institucións públicas no eido da educación e da divulgación de coñecemento arredor da Xestión Cultural.
Economista e antropólogo, realizou estudos complementarios en xestión cultural, urbanismo e cooperación internacional. Ao longo da súa traxectoria profesional foi director da empresa de xestión cultural e-Burbulla S.A., xerente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, responsable da política cultural do Concello de Ferrol, coordinador de proxectos europeos na Fundación Galicia Emigración e fundador da empresa social Cidadania S. Coop. Galega. Autor de diversas investigacións e ensaios, é membro do Consello da Cultura Galega e directivo da Asociación Premios da Crítica de Galicia.
// Twitter @culturatleta // Linkedin // Blog persoal
Diego Parajó
Un dos nosos colaboradores máis estreitos, con quen desenvolvemos especialmente procesos creativos con equipos e organizacións, facilitando a cultura da innovación e abrindo as portas a novas experiencias de aprendizaxe cooperativo.
Socio fundador e xerente de Xeneme Proxectos Sociais desde 1998, onde desenvolve a súa actividade como formador, consultor e project manager en proxectos de servizos sociais, educativos e culturais. Diego é diplomado en Educación Social, con formación complementaria en Xestión Cultural, Responsabilidade Social Empresarial, mediación de procesos comunitarios, innovación social e creatividade.
// Twitter @diegoparajo // Linkedin // Web persoal
Antón Varela
Antón acompañounos na realización do WebDoc “Artesanías Dixitais“, un percorrido polo espazo dixital galego da man de doce creadoras e creadores procedentes de áreas moi diversas: programación creativa, docencia, recreación histórica, deseño, arte, videoxogos…
Formado en Comunicación Audiovisual pola UDC e en Estudios de Cinema e Audiovisual Contemporáneo pola Pompeu Fabra. Dedicado nos últimos anos á creación de contidos para rede. En 2016 gaña o Premio á Mellor Webserie de Animación na “III edición do Carballo Interplay” coa webserie Orfanato Atroz, disponible en youtube. Máis tarde en 2019 recibe o Accésit nos III Premios María Luz Morales na categoría de “Ensaio escrito sobre audiovisual contemporáneo”. En 2020 publica a webserie documental Os 20 do XX para a revista Vinte, premiada no festival Carballo Interplay dese mesmo ano como mellor webserie en versión orixinal en galego.
// Twitter @antonvarela //