Cultura Dixital

Coruña Dixital, expandindo novas prácticas culturais e creativas

01/07/2016

Hoxe lanzouse á rede Coruña Dixital, un dos proxectos aos que máis esforzo e ilusión adicamos durante os últimos meses.

Pouco a pouco irase desvelando a intensa programación de actividades do outono, pero dende xa pódese acceder ao sitio web e redes sociais do programa. Con esta presenza na rede búscase visibilizar o rico tecido de iniciativas de colectivos, entidades e axentes profesionais que existe na cidade.

O obxectivo do programa, impulsado dende Concellería de Culturas e Coñecemento do Concello da Coruña, é facilitar procesos que permitan achegar á cidadanía unha visión ampla da cultura dixital‬, incluíndo iniciativas de colectivos de programadores, makers, produtor*s de contidos dixitais e audiovisuais, ademais de novas prácticas culturais xurdidas da lóxica colaborativa e aberta das redes.

Podes visitar o proxecto e seguir todas as novidades en coruñadixital.gal

Outras publicacións do proxecto