O proxecto

O proxecto

Os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital abriron as súas portas virtuais a finais de febreiro, pero o proxecto comezou antes. Aquí tes, paso a paso, como dende BenCuriosa construímos esta experiencia.


  • Así pechamos os laboratorios
    Despois de varias semanas intensas, de aprender e experimentar xuntas, os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital pecharon as súas portas virtuais. Foi un tempo intenso, no que moitas persoas descubriron novas maneiras de comunicar e de compartir na Rede e no que outras se achegaron por primeira vez á contorna dixital dende unha perspectiva creativa. Sen esquecer a aquelas que tiveron nos nosos obradoiros a súa primeira experiencia dixital!
  • A experiencia de re-escribir o relato
    A proposta de Illa Bufarda nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital non deixaba lugar a dúbidas: chamaba a unha “acción de guerrilla” creando unha contracampaña publicitaria. Unha dinámica que consiste en entender como se nos fala dende ámbitos como a publicidade ou os medios de comunicación global e que elementos compoñen o discurso dominante para levalos ao noso terreo e xogar con eles.
  • Luces, cámara e acción!
    En Vimianzo varias persoas seguen a experimentar coas posibilidades do audiovisual para compartir e comunicar contidos. A creación audiovisual, explicada e facilitada por Merenda Creativa, semella moito máis asequible agora que cando comezou o laboratorio!
  • Encontros, sinerxías e primeiras propostas en torno á construción dun relato
    Os grupos que participan no obradoiro Construímos un relato xa teñen proxectos sobre os que traballar. Despois de días adicados a contactar entre eles e elas, coñecerse e poñer en común, quedounos claro que o obradoiro, tanto en Carral, como en Muros ou Cedeira e Valdoviño, está a ser unha oportunidade para moitas persoas…
  • Vimianzo experimenta coa creación audiovisual
    Un bo grupo de persoas de Vimianzo participa no obradoiro de creación audiovisual impartido por Merenda Creativa, o primeiro en activarse dentro dos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital. Trátase de dezaséis veciños e veciñas, na súa meirande parte vinculadas a nove entidades locais que van dende asociacións culturais, deportivas ou veciñais ata organizacións relacionadas coa diversidade, o feminismo ou o patrimonio.
  • Os Laboratorios abren as súas portas!
    Despois de semanas de contrastes internos, creación de contidos e todas as postas a punto que implica comezar cara o público calquera proxecto, os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital abriron hoxe as súas portas no concello de Vimianzo.
  • Xa sabemos quen participará nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital
    Tras dúas semanas coa inscrición aberta non podemos estar máis contentas co resultado: 90 persoas inscritas entre os sete concellos participantes! Unha moi boa participación, máis se temos en conta a novidade do formato e o feito de desenvolverse en liña.
  • O minuto cero: abrimos a inscrición
    Despois de varios días adicados á elaboración de dossieres e notas informativas, de máis conversas coas persoas implicadas nos territorios e de concretar enfoques cos nosos axentes creativos, a inscrición para os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital está aberta.
  • Os nosos axentes creativos
    A rede dos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital non se tece só con quen traballa nos territorios nos que se desenvolverán os obradoiros virtuais. A base fundamental deste proxecto é a conexión entre o tecido asociativo local e profesionais do ámbito dixital dos que aprender estratexias, recursos, ferramentas,…
  • Tecemos rede no territorio
    O noso obxectivo de vincular tecido asociativo local e profesionais da contorna dixital precisaba de cómplices sobre o terreo. Por iso, para poñer en marcha os Laboratorios, botamos man das técnicas de Cultura e membros do tecido asociativo de Cedeira, Valdoviño, Neda, Narón, Vimianzo, Muros e Carral.
  • O comezo do proxecto
    En BenCuriosa levamos tempo traballando nas posibilidades da cultura dixital e da mediación cultural a través da Rede dende varias perspectivas. Unha delas, a da creatividade dixital, a través de proxectos divulgativos ou formativos que, grazas ao apoio da Deputación da Coruña, e o seu programa de proxectos singulares de especial interese cultural, se materializan agora nun novo proxecto: os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital.