Novas

Os nosos axentes creativos

29 Decembro, 2020 Sen comentarios

Os nosos axentes creativos

A rede dos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital non se tece só con quen traballa nos territorios nos que se desenvolverán os obradoiros virtuais. A base fundamental deste proxecto é a conexión entre o tecido asociativo local e profesionais do ámbito dixital dos que aprender estratexias, recursos, ferramentas,… que aplicar no día a día da comunicación e difusión que cada entidade, colectivo ou proxecto local desenvolve.

Favorecer sinerxías que doutro modo non se darían, ou non deste modo, estruturado en torno á idea de facer accesible a contorna dixital a persoas que, en moitos casos, pode ser que apenas teñan práctica nela. Poñendo a tecnoloxía ao servizo das persoas e xerando un espazo virtual acolledor e unha dinámicas de traballo pensadas para a diversidade.

Con todos estes elementos, a nosa rede de axentes creativos teceuse con:

Eles e elas desenvolverán parte dos laboratorios e axudarán ás participantes no proceso de experimentación e creación colectiva. A idea é aprender facendo e aprender compartindo da súa man, co obxectivo de que as participantes poidan chegar a prototipar os seus proxectos.

Entradas relacionadas