O minuto cero: abrimos a inscrición
Despois de varios días adicados á elaboración de dossieres e notas informativas, de máis conversas coas persoas implicadas nos territorios e de concretar enfoques cos nosos axentes creativos, a inscrición para os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital xa está aberta.
As reunións virtuais e as conversas cos nosos cómplices sobre o terreo traducíronse na implicación e colaboración dos concellos, que están a prestar as súas canles (web, redes sociais) ao dispor do proxecto. Grazas á colaboración municipal, o proxecto visibilizouse tamén nalgúns medios:
Pero o que mellor está a funcionar estes días é e comunicación directa: as chamadas a asociacións e entidades que se fan dende os concellos son as que nos están a dar a oportunidade de explicarlles ás persoas interesadas que é o que queremos facer.
E as primeiras inscricións están a rexistrarse xa nos nosos formularios!