O proxecto
Un laboratorio é un espazo de experimentación e co-creación, situado por normal xeral nun lugar concreto, como un centro socio-cultural, unha biblioteca ou un museo. Os Laboratorios Itinerantes de Cultural Dixital están á vez en sete concellos da provincia da Coruña, a través de varios obradoiros en liña que se desenvolven coa vocación de ser punto de encontro entre profesionais da contorna dixital e o tecido asociativo local.
Os laboratorios
Nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital, máis que o resultado final, o que importa é o proceso: aprender facendo e aprender compartindo. Tecendo sinerxías e achegándose dun modo accesible ás posibilidades que as TIC ofrecen para a comunicación de proxectos e o coidado da comunidade.