Novas

Os Laboratorios abren as súas portas!

26 Febreiro, 2021 Sen comentarios

Os Laboratorios abren as súas portas!

Despois de semanas de contrastes internos, creación de contidos e todas as postas a punto que implica comezar cara o público calquera proxecto, os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital abriron hoxe as súas portas no concello de Vimianzo cunha sesión en liña.

Este primeiro obradoiro, que ten unha alta participación, reúne a varias entidades locais e tamén a traballadoras do Concello, dende onde recibimos un gran apoio na difusión do proxecto. Este taller, de creación audiovisual, está dirixido por Merenda Creativa, con quen dende BenCuriosa xa temos colaborado noutros proxectos formativos.

Este venres é un día moi especial para nós, no que temos que celebrar o ben que foi todo nesta primeira xuntanza virtual, pero no que tamén temos que coller folgos para a semana que vén!

O 1 de marzo abriremos as portas dos obradoiro Construímos un relato en Cedeira e Valdoviño, e o 2 e o 3 en Muros e Carral respectivamente; o xoves 4 de marzo comezará o taller de Narrativas dixitais, da man de Gingko en Narón e Neda, e o venres 5 abrirase nos sete concellos particicpantes a proposta Acción de guerrilla: crea a túa campaña contrapublicitaria, que facilita Illa Bufarda.

Agárdanos unha semana intensa!! Pero estamos seguras de que será tan satisfactoria como este primeiro día.

Entradas relacionadas