Novas

Xa sabemos quen participará nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital

15 Febreiro, 2021 0 comments

Xa sabemos quen participará nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital!

Tras dúas semanas coa inscrición aberta non podemos estar máis contentas co resultado: 90 persoas inscritas entre os sete concellos participantes! Unha moi boa participación, máis se temos en conta a novidade do formato e o feito de desenvolverse en liña.

Estamos contentas tamén coa diversidade das participantes, nas que hai persoas de tódalas idades, ocupacións e intereses e tamén con diferentes niveis de destreza dixital, incluídas persoas que accederán por primeira vez a unha vídeo-conferencia ou a unha aula virtual nos nosos obradoiros.

Esta é a relación das trinta e cinco entidades, asociacións e colectivos que participarán nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital:

Ademais, inscribíronse nos obradoiros veciñanza a título individual, persoas vinculadas ao ámbito do ensino e, nalgúns concellos, traballador*s de áreas como Cultura e Mocidade.

Nuns días, estaremos a aprender facendo e aprender compartindo xuntas!

Entradas relacionadas