Creación audiovisual

Vimianzo experimenta coa creación audiovisual

6 Marzo, 2021 Sen comentarios

Vimianzo experimenta coa creación audiovisual

Un bo grupo de persoas de Vimianzo participa no obradoiro de creación audiovisual impartido por Merenda Creativa, o primeiro en activarse dentro dos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital.

Trátase de dezaséis veciños e veciñas, na súa meirande parte vinculadas a nove entidades locais que van dende asociacións culturais, deportivas ou veciñais ata organizacións relacionadas coa diversidade, o feminismo ou o patrimonio.

O obxectivo deste obradoiro é dotalas dos coñecementos e ferramentas necesarios para poder trasladar os seus contidos a un formato audiovisual, adecuado ás redes nas que queiran compartilo.

A idea é tecer de maneira colectiva un retrato do territorio dende a súa visión e o seu foco de interese.

Como se aprende neste obradoiro?

Neste obradoiro, como en todos os que forman parte dos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital, apréndese experimentando de maneira colaborativa, en grupos formados por persoas de diferentes asociacións con algún punto en común.

Para iso, contan co apoio e o acompañamento de Marga e Román (Merenda Creativa), que crearon para este taller unha serie de contidos, a través de pequenas unidades temáticas e vídeos explicativos, que se corresponden con exercicios prácticos que axudan ao desenvolvemento dos vídeos finais.

Que veremos neses vídeos? Pois aínda hai que agardar! Pero temos moitas ganas de ver cara onde evoluciona este torrente de creatividade 😉

Entradas relacionadas