Creación audiovisualNovas

Luces, cámara e acción!

15 Marzo, 2021 Sen comentarios

Luces, cámara e acción!

En Vimianzo varias persoas seguen a experimentar coas posibilidades do audiovisual para compartir e comunicar contidos. O obradoiro serviu para que algunhas participantes puideran aportar contido a un 8M que tivo que desenvolverse en parte nas redes, pero non se quedou aí.

Un grupo de persoas está a traballar nun documental sobre a historia da súa propia entidade, mentres que os demais grupos se compoñen de persoas de distintas entidades traballando en torno a proxectos colectivos, nos que se están a abordar temas como ecoloxismo, crítica social ou patrimonio. Este último é un dos elementos identitarios do concello e o ámbito de traballo de boa parte das súas asoaciacións.

A creación audiovisual, exlicada e facilitada por Merenda Creativa, semella moito máis asequible agora que cando comezou o laboratorio 😉

Entradas relacionadas