Momento da xornada sobre accesibilidade e inclusión cultural celebrada no Centro Ágora da Courña. A imaxe amosa o interior da aula, chea de xente. Ao fondo vemos aos relatores e a unha intérprete de lingua de signos de pé fronte aos asistentes

Aprender compartindo sobre accesibilidade na cultura

Vimos de celebrar no Centro Ágora a xornada Como facer máis accesible a cultura? Unha proposta formativa na que conectar a profesionais da cultura con profesionais e activistas do eido social arredor da accesibilidade e a inclusión cultural. 

A idea era que esa conexión servira para a aprendizaxe, neste caso da man de profesionais, usuarias e técnicas de entidades de diferentes colectivos de discapacidade.

Programa de mesas temáticas e sesión práctica

A xornada artellouse en dúas partes, durante a mañá e a tarde, cunha pausa para un xantar colectivo no que posibilitar as conversas e os contactos directos entre as participantes.

Na quenda da mañá celebráronse unha serie de mesas temáticas, en función das distintas necesidades de accesibilidade:.

  • Mesa VISUAL
    • Nieves García Longueira (Responsable do Servizo de Ocio e Tempo Libre de ONCE-Galicia)
    • Ángeles Miguélez (Educadora-Mediadora Rede Museística Provincial de Lugo)
      .
  • Mesa AUDITIVA
    • Rubén Capelán (Técnico de accesibilidade e xestor cultural)
    • Montxo Solórzano (Picadiscos e activista musical).
      .
  • Mesa FÍSICA
    • Fran Carreira Roca (Arquitecto, usuario e voluntario de GRUMICO, asesor de accesibilidade)
    • Mariluz Vázquez (Coordinadora técnica da Asociación ACADAR). 

Na quenda da tarde houbo tempo para as cuestións máis prácticas, pequenas demostracións e un tempo para intervencións a modo de conclusións para pechar a xornada.

Inauguración da xornada sobre accesibilidade e inclusión cultural. Con Sergio Lago, o deputado de Cultura da Deputación da Coruña Xurxo Couto, o técnico de accesibilidade Rubén Capelán e unha intérprete de língua de signos da asociación Acopros.
Momento da Xornada de accesibilidade e inclusión cultural adicada a accesibilidade visual. Con Sergio Lago como moderador da conversa entre Nieves García Longueira (Responsable do Servizo de Ocio e Tempo Libre de ONCE-Galicia) e Ángeles Miguélez (Encargada Auxiliar de Sala na Rede Museística Provincial de Lugo)
Momento da xornada sobre accesibilidade e inclusión na cultura. Vemos un plano xeral da aula, con máis de corenta persoas e, no finco, a mesa adicada a accesibilidade auditiva. Unha conversa moderada por Ruth Sousa e na que participan Rubén Capelán (Técnico de accesibilidade e xestor cultural) e Montxo Solórzano (Ex-realizador audiovisual, picadiscos e activista musical)
Momento para o descanso e o contacto entre participantes e relatoras da xornada. Cun café servido por Solidariedade Internacional na cafetería do centro Ágora
Momento da Xornada de accesibilidade e inclusión cultural adicada a accesibilidade cognitiva. Con Sergio Lago como moderador da conversa entre Mª Dolores Portela León (Responsable do Programa de Accesibilidade Cognitiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia), Aitana García (Responsable do Servizo de Accesibilidade da Federación Autismo Galicia) e José Urbano Cuevas (Auxiliar de sala na Rede Museística Provincial de Lugo)
Momento de intervencións e preguntas do público na xornada sobre accesibilidade e einclusión. Vemos a varias persoas. Unha delas, unha muller situada no centro da imaxe, ten o micro na man e formula a súa pregunta
Momento da xornada de accesibilidade e inclusión dixital adicado á accesibilidade física. Unha conversa moderada por Rubén Capelán con Fran Carreira Roca (Arquitecto, usuario e voluntario de GRUMICO, asesor de accesibilidade) e Mariluz Vázquez (Coordinadora técnica da Asociación ACADAR)
Momento de peche da xornada, con aplausos das asistentes
Detalle do menú servido por Solidariedade Internación na xornada sobre accesibilidade e inclusión dixital. Concretamente, unha bandexa con trociños de empanada e unha man collendo un dos anaquiños, cortados en forma de cadrado. Todo o menú foi elaborado con produtos de comercio xusto
Sesión de tarde da xornada de accesibilidade e inclusión cultural. Sergio Lago e Rubén Capelán, no fondo da aula, fan un repaso dalgunhas cuestións vistas pola mañá.
Na xornada sobre accesibilidade e inclusión cultural houbo a posibilidade de ver de preto e manipular materiais empregados para a accesibilidade
Na xornada sobre accesibilidade e inclusión cultural houbo a posibilidade de ver de preto e manipular materiais empregados para a accesibilidade

Anterior
Seguinte

Un proxecto que vai máis alá

As persoas que participaron na xornada -arredor de corenta- recibiron ao remate un diploma de asistencia que acredita a súa participación na formación. 

Pero este proxecto, que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña, vai máis alá desta actividade. Do que as relatoras compartiron nas mesas e do traballo previo ao encontro formativo sairán novos contidos, con vontade de axudar de xeito práctico na accesibilidade e inclusión no contexto de proxectos e organizacións culturais de proximidade.

Diso falaremos cando chegue o momento! Hoxe, non podemos máis que dar as grazas a participantes e relatorasTamén ás entidades que colaboraron na xornada e que podes consultar aquí

Publicacións similares