Que barreiras de acceso existen actualmente para que todas as persoas poidan gozar da oferta cultural presencial e dixital? Que medidas poden implementar as entidades culturais para derrubar esas barreiras? Que alianzas e servizos poden ofrecer as entidades sociais que traballan no eido da discapacidade?
A estas preguntas queremos darlle unha resposta colectiva nesta xornada, comezando por unha mañá de conversas para coñecer as barreiras no acceso á oferta cultural. Contaremos coa experiencia directa de profesionais, usuarias e técnicas de entidades de diferentes colectivos con discapacidade. En diferentes mesas compartiranse os retos actuais na accesibilidade visual, auditiva, cognitiva ou física. E avanzaranse diferentes medidas e tecnoloxías que podemos implementar.
A tarde estará adicada a explorar de xeito práctico medidas de accesibilidade, tendo en conta sempre a realidade e recursos cos que contan as profesionais e entidades culturais do noso territorio. Trátase dun formato de diálogo participativo, onde tamén se realizarán demostracións e poderanse probar diferentes medidas e tecnoloxías para mellorar o acceso a experiencias culturais, presenciais e virtuais.
Ao longo de todo o evento terán gran importancia os espazos e formatos que permitan a conexión entre profesionais de todos os ámbitos implicados.
.
Esta xornada forma parte dunha nova liña de investigación e divulgación sobre a accesibilidade cultural de BenCuriosa, entidade galega da economía social, que conta co apoio principal da área de Cultura da Deputación da Coruña.
Colaboran tamén o Concello da Coruña, ademais das principais asociacións sectoriais galegas da cultura e numerosas entidades sociais que traballan no eido da discapacidade. Grazas a todas elas, puideron contrastarse e deseñarse os contidos desta xornada formativa, que será certificada para todas as persoas asistentes.
Programa
- 9h | Acreditacións
- 9h30 | Benvida e presentación da Xornada
.
- 10h | Mesa VISUAL
- Nieves García Longueira (Responsable do Servizo de Ocio e Tempo Libre de ONCE-Galicia)
- Ángeles Miguélez (Encargada Auxiliar de Sala na Rede Museística Provincial de Lugo).
.
- 11h | Mesa AUDITIVA
- Rubén Capelán (Técnico de accesibilidade e xestor cultural)
- Montxo Solórzano (Ex-realizador audiovisual, picadiscos e activista musical)
.
- 12h | Pausa-café
.
- 12h30 | Mesa COGNITIVA
- Mª Dolores Portela León (Responsable do Programa de Accesibilidade Cognitiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia)
- Aitana García (Responsable do Servizo de Accesibilidade da Federación Autismo Galicia)
- José Urbano Cuevas (Auxiliar de sala na Rede Museística Provincial de Lugo).
.
- 13h30 | Mesa FÍSICA
- 14h30 // XANTAR COMÚN, con petiscos e bebidas de comercio xusto (ofrecido por Solidariedade Internacional de Galicia, con opcións veganas e vexetarianas).
. - 16h | SESIÓN PRÁCTICA e demostración de medidas de accesibilidade na cultura.
. - 18h | Conclusións e peche das sesións formativas.
. - 18h30 | Apertura do espazo para conversas post-xornada con música, petiscos e bebida.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Prazas limitadas asignadas por estrita orde de inscrición (data límite: luns 14/11/22).
- Emitirase un diploma de asistencia ás persoas participantes na xornada.
- Servizos de accesibilidade: Intérpretes de LSE / Equipo FM individual / 4 prazas para vehículos de persoas con mobilidade reducida no acceso principal do Centro Ágora.
- Consúltanos calquera necesidade de accesibilidade ou dúbidas sobre a xornada en ola@bencuriosa.gal ou no teléfono/whatsapp 698 914 849 (en horario laboral).
- ORGANIZA BenCuriosa
. - CO APOIO da Deputación da Coruña a través do seu programa de Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural.
. - COLABORAN:
.- Concello da Coruña e o equipo do Centro Ágora.
. - Entidades sociais: ONCE-Galicia, Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo ACOPROS, Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia FAXPG, FADEMGA Plena inclusión Galicia, Federación Autismo Galicia, Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da provincia da Coruña ASPANAES, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermedade Mental de Galicia FEAFES, Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña GRUMICO, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR e máis sumándose…
. - Entidades profesionais da cultura: Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural da USC (CEUXiC USC), Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural AGPXC, Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop, Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas ESCENA GALEGA, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema PROXECTA, Academia Galega do Audiovisual, Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo TESGAL, Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD Galicia) e máis sumándose…
- Concello da Coruña e o equipo do Centro Ágora.