Xa superamos a cuarta semana de contidos en “Estratexias Dixitais na Museoloxía Social”. Iniciamos un novo bloque de contidos no que propoñemos unha secuencia metodolóxica para construir o noso plan de acción dixital. Para isto partimos da organización da nosa oferta sobre a experiencia de usuario.
Nesta liña, introducimos claves e ferramentas prácticas para contar cunha perspectiva accesible e inclusiva nas experiencias dixitais. Ademais, na conversa desta semana profundizamos nesta temática xunto a Ángeles Miguélez, traballadora da Rede Museística Provincial de Lugo.
Con ela falamos sobre inclusión dixital, superar as fendas e coidar a diversidade nos nosos espazos, actividades e contidos dixitais. Como fío para esta charla, Ángeles, coa axuda de Juan I. Márquez, ofreceunos unha visita inmersiva virtual e inclusiva. Unha experiencia para ver, de primeira man, como se prepara e executa unha visita online destas características a un museo, neste caso, o Museo Provincial do Mar.
Estas sesións en liña semanais permítennos a reflexión profesional en comunidade en torno aos contidos dos diferentes bloques temáticos. Porque queremos #AprenderFacendo e #AprenderCompartindo.
Deixámosvos unha destas reflexións, da propia Ángeles, sobre a importancia e o valor do concepto de inclusión.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario do noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoPolítica de Cookies