Que pode contar un museo dixital sobre a mobilidade humana e as migracións?

Presentamos no Pazo de Tor (Lugo) o novo Museo Virtual da Migración da RMPL, unha iniciativa impulsada pola Rede Museística Provincial de Lugo que deseñamos e desenvolvemos desde BenCuriosa como espazo dixital para repensar as migracións desde a cultura, os dereitos humanos e a participación.

Na presentación participaron Iria Castro Fernández, deputada delegada de Cultura da Deputación de Lugo, Encarna Lago, xerente da RMPL, e o noso compañeiro Sergio Lago, coordinador do proxecto.

Este museo sen muros quere ser un espazo vivo, en construción, onde escoitar, comprender e transformar a mirada sobre as migracións.

Contámosche máis en detalle sobre o proxecto aquí.

Publicacións similares