Estratexias Dixitais na Museoloxía Social nace en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL). Un espazo virtual onde compartir en aberto un proceso colectivo de reflexión e formación, que sumou a máis de 400 profesionais de 17 nacionalidades aprendendo en comunidade.
O fío conductor foron as prácticas dixitais en museos e espazos culturais que destacan polo seu labor social, a súa inserción no territorio máis próximo e por situar ás persoas no centro da súa estratexia. Incluída a dixital.
O obxectivo era que as participantes puideran dotarse de ferramentas para avaliar e deseñar estratexias dixitais que integren áreas como infraestruturas, organización interna, competencias dixitais, públicos e redes de colaboración, servizos, actividades, contidos dixitais e canles de comunicación.
Unha iniciativa que foi de especial interese para profesionais que traballan en pequenos espazos culturais ou divulgativos de proximidade: museos locais, centros culturais, bibliotecas, centros de interpretación, educación medioambiental, etc.
Os contidos estiveron dispoñibles en galego e tamén en castelán, tendo en conta a proxección da RMPL no contexto iberoamericano. Neles, abordmos temáticas en torno ás estratexias dixitais como:
Tanto se tes interese por saber máis sobre calquera detalle deste proxecto,
como se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares,
consúltanos sen compromiso!