Máis de 400 profesionais de 17 países fórmanse en Estratexias Dixitais na Museoloxia Social

Estratexias Dixitais na Museoloxía Social” xa suma a máis de 400 profesionais de 17 nacionalidades aprendendo en comunidade baixo o fío conductor das prácticas dixitais en museos e espazos culturais de proximidade. 

 

A proposta, impulsada pola Vicepresidencia Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo. Os seus contidos – bloques temáticos , conversas e reflexións – estarán dispoñibles ata decembro. As inscricións seguen abertas para poder acceder aos contidos tanto en galego como en castelán.

 

 

“Estratexias Dixitais na Museoloxía Social” xorde co obxectivo de dotar ás participantes de ferramentas para avaliar e deseñar estratexias dixitais. Integraremos infraestruturas, organización interna, competencias dixitais, públicos e redes de colaboración, servizos, actividades, contidos dixitais e canles de comunicación.

 

Esta primeira semana facemos un achegamento ao papel das organizacións culturais de proximidade na contorna dixital. O vindeiro martes, 8 de febreiro, conversaremos nunha sesión en liña con Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Xunto a ela debatiremos sobre algunhas reflexións do bloque de contidos desta semana.

Estratexias-dixitais-museoloxía-social

Outras novas destacadas

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress
Subir