Como poden os museos construír comunidades máis diversas e inclusivas?
Volvemos cunha nova edición de Estratexias de Museoloxía Social, o ciclo de conversas iberoamericanas que coordinamos para a Rede Museística Provincial de Lugo. Este 2025 celebrámolo baixo o título “Comunidades en constante cambio: diálogo intercultural e diversidade”.
A proposta foi presentada este martes da man da deputada de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Iria Castro, da xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e do director do proxecto, Sergio Lago, de BenCuriosa.

📅 Todos os martes de maio
🕐 De 17:00 a 18:30h (Horario de verán en Lugo: CEST / UTC +2).
🎟️ Actividade de balde, previa inscrición en:
👉 comunidadermpl.gal/estratexias-de-museoloxia-social-2025
Un espazo de aprendizaxe desde Galicia cara á contorna iberoamericana
Tomando como punto de partida o lema do Día Internacional dos Museos 2025, “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”, este ciclo propón unha reflexión sobre o papel dos museos na construción de sociedades máis diversas, representativas e inclusivas.
Como poden os museos ser espazos de acollida e representación reais?
Que estratexias están a poñer en marcha para dar voz ás comunidades migrantes e racializadas?
Como poden contribuír a unha sociedade máis xusta e diversa?
Desde a Rede crúzase este marco internacional co seu traballo de base no territorio, centrado nos retos sociais e interculturais da museoloxía, abrindo un espazo para a investigación, a conversa e as aprendizaxes compartidas.
Un ciclo de catro conversas en maio
O ciclo estrutúrase en catro sesións, que combinarán unha primeira parte de diálogo entre dúas convidadas e unha segunda parte aberta á participación. As conversas gravaranse e poderán ser consultadas posteriormente, acompañadas de materiais complementarios.
Martes 06/05
💬 Conversación #1
Dagmary Olívar Graterol (YoSoyElOtro | Podcast #escuchamigrante)
Jordi Baltá (BissapLab – Trànsit Projectes | Grupo de Expertos UNESCO)
Martes 13/05
💬 Conversación #2
Diego Salazar (Connectats | Fes! Cultura – Acció Migrant | Relator do eixe de Diversidade étnico-racial do Plan de Dereitos Culturais, Ministerio de Cultura)
Zinthia Álvarez Palomino (educación antirracista)
Martes 20/05
💬 Conversación #3
Germán Paley (Museólogo Social, Arteducador)
Susana Moliner (Coordinadora de Grigri Projects)
Martes 27/05
💬 Conversación #4
Nayeli Zepeda (Mediadora e investigadora – México/EEUU)
Mario Chagas (Presidente do MINOM | Ex-director do Museu da República – Río de Janeiro)
Comunidades en constante cambio: un espazo que continúa
Este ciclo é parte dunha comunidade virtual de aprendizaxe que se mantén aberta todo o ano, na que profesionais da museoloxía e doutros eidos culturais poden compartir experiencias e proxectos arredor da diversidade e do diálogo intercultural.
No espazo dixital poderás:
- Interactuar con outras participantes
- Acceder ás conversas gravadas
- Consultar materiais e recursos
- Coñecer os proxectos da Rede Museística neste ámbito
Unha oportunidade para construír coñecemento colaborativo e ampliar redes de traballo desde Galicia cara ao mundo iberoamericano.
🎟️ ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN E INSCRÍBETE DE FORMA GRATUÍTA
👉 comunidadermpl.gal/estratexias-de-museoloxia-social-2025