Cartel de Estratexias de Museoloxías Social 2025. O fondo é dun ceo en violetas. Mostra o lema deste ano: Comunidades en constante cambio: diálogo intercultural e diversidade.

Estratexias de Museoloxía Social: diálogo intercultural e diversidade

Un ano máis, a Rede Museística Provincial de Lugo confía en BenCuriosa para o deseño e coordinación da súa comunidade iberoamericana de aprendizaxe. Nesta edición 2025, centramos o foco na diversidade e no diálogo intercultural, convidando a reflexionar sobre o papel dos museos en sociedades en constante cambio. Desde Galicia cara ao mundo iberoamericano, abrimos espazos compartidos de aprendizaxe, pensamento crítico e acción colectiva.

Dirixido a…

📌 Persoal técnico da Rede Museística Provincial de Lugo
📌 Profesionais da museoloxía, a educación e a mediación cultural
📌 Axentes culturais e sociais vinculados á diversidade, á memoria e ao traballo comunitario
📌 Persoas interesadas na construción de museos accesibles, inclusivos e transformadores

O que fixemos

📌 Deseño conceptual e metodolóxico do programa
📌 Coordinación e moderación das conversas en liña
📌 Desenvolvemento de contidos dixitais e recursos complementarios
📌 Creación e xestión da plataforma virtual en rede.bencuriosa.com
📌 Comunicación e dinamización da comunidade de aprendizaxe
📌 Organización do obradoiro presencial e deseño metodolóxico
📌 Difusión e comunicación do proxecto

O enfoque

Nesta nova edición, partimos da pregunta “Como poden os museos construír comunidades máis diversas e inclusivas?”. A resposta non é única, pero desde Galicia, e en diálogo coa contorna iberoamericana, procuramos experiencias que nos axuden a repensar o papel dos museos como espazos vivos, implicados coas persoas e cos contextos que habitan.

Inspirados polo lema do Día Internacional dos Museos 2025 —“O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”—, apostamos por abrir unha conversa internacional sobre migración, diversidade étnico-racial e inclusión cultural, desde unha perspectiva crítica e situada. Fuximos das respostas pechadas para propoñer preguntas que permitan ampliar olladas e sumar aprendizaxes.

O proxecto estrutúrase en tres momentos: un ciclo de catro conversas con profesionais de referencia, unha comunidade virtual de aprendizaxe e un obradoiro presencial. Cada espazo está deseñado para acoller voces diversas e facilitar a construción colectiva de coñecemento, tecendo pontes entre teoría e práctica, entre a acción local e os retos globais.

A proposta culminará na creación dunha cartografía da acollida en Lugo, unha ferramenta simbólica e funcional que nos axude a recoñecer e visibilizar os espazos e redes que sosteñen a chegada e integración das persoas migrantes na cidade. A través do traballo colectivo, os museos poden converterse tamén en espazos de hospitalidade e transformación.

O equipo

  • Sergio Lago – Coordinación e deseño de contidos
  • Laura R. Duarte – Soportes web e contidos dixitais
  • Ruth Sousa – Apoio técnico
Colaboramos con
  • Encarna Lago (Rede Museística Provincial de Lugo) – Entidade promotora
  • Alexandra Rodríguez Rey (douserres) – Imaxe gráfica
  • Sofía Caamaño Deus – Comunicación
  • Xeneme Innovación Social – Xestión

Os resultados

📌 Ciclo de conversas (maio 2025). Espazo de diálogo e inspiración con profesionais de referencia na educación, investigación e museos da contorna iberoamericana. Inscribíronse máis de 300 persoas de máis de 25 países diferentes.

📺 Recursos abertos xerados
Compartimos en aberto contidos, gravacións e recursos que estiveron a disposición das persoas inscritas na nosa plataforma formativa:










📌 Obradoiro presencial “Cartografía da Acollida en Lugo” (outono 2025)
📌 Publicación de contidos e recursos complementarios no Museo Virtual da Migración da RMPL

Saber máis

🔗 comunidadermpl.gal/estratexias-de-museoloxia-social-2025