O valor cultural das experiencias inmersivas no #LAIC de Coruña Dixital

O pasado mes de xaneiro o programa municipal Coruña Dixital, que coordina o noso compañeiro Sergio Lago, ofreceu  a posibilidade de achegarse á lóxica cultural das experiencias inmersivas (grandes instalacións audiovisuais, realidade virtual, arte envolvente,…) da man dunha referencia neste ámbito, como é José Luis de Vicente, investigador cultural e comisario, entre outras propostas, de Sonar+D.

José Luis de Vicente, que xa participara no I Encontro Coruña Dixital no 2016, ofreceu nesta ocasión unha dobre sesión no marco do #LAIC, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación de Coruña Dixital. Unha delas, en formato master-class, e a outra unha charla aberta na que repasou a historia, actualidade e tendencias das experiencias culturais inmersivas que compartimos aquí con todas vós:

 

 

Unha sesión inspiradora, da que tedes podedes saber máis aquí, como todas as que está a desenvolver o #LAIC nesta edición adicada ás narrativas dixitais, inmersivas e transmedia. Tedes aquí toda a información.

Comments (2):

  • As narrativas transmedia máis alá do audiovisual | BenCuriosa

    […] O valor cultural das experiencias inmersivas no #LAIC de Coruña Dixital […]

  • Las posibilidades del transmedia más allá del audiovisual | BenCuriosa

    […] Su participación en el Laboratorio Audiovisual de Innovación y Creación se suma a la del investigador cultural, y comisario de Sonar+D, José Luis de Vicente, quién participó con una masterclass y una charla panorámica sobre experiencias culturales inmersivas, de la que podéis saber más aquí. […]

Tamén che pode interesar //

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress
Subir