As posibilidades do transmedia máis alá do audiovisual

As narrativas dixitais, inmersivas e transmedia xeran experiencias que poden  integrarse nun relato no que, a persoa espectadora, pase a ser parte activa da proposta escénica. En liñas xerais, esa é a idea na que se basea o teatro inmersivo e transmedia e do que vén de falar, e experimentar, o #LAIC de Coruña Dixital da man de Belén Santa-Olalla.

A directora creativa da compañía Stroke 114, responsable de innovadoras propostas escénicas como El Proceso de Kafka, compartiu os seus coñecementos nunha dobre sesión da que tedes aquí toda a información.

A súa participación no Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación súmase á do investigador cultural, e comisario de Sonar+D, José Luis de Vicente, quen participou cunha masterclass e unha charla panorámica sobre experiencias culturais inmersivas, da que podedes saber máis aquí.

Non foi a única aproximación do #LAIC ás posibilidades da creatividade dixital, xa que o mes de febreiro estivo adicado íntegramente ás posibilidades das narrativas dixitais e innovadoras na erradicación do discurso de odio na Rede. Unhas xornadas, das que vos falamos aquí, nas que participaron o programa Ciberespect-Ecos do Sur e a fundación porCausa.

Catro meses de creatividade dixital

O #LAIC de Coruña Dixital, o programa municipal que coordina o noso compañeiro Sergio Lago, iniciou a súa actual edición o pasado mes de decembro, cunha dobre sesión inaugural da man de Roger Casas-Alatriste, da produtora especializada en contidos transmedia e branded content El Cañonazo.

A súa completa aproximación ás claves do transmedia no sector audiovisual deu paso, xa en xaneiro deste ano, a un laboratorio transmedia facilitado por Andrea L. Lozano, xornalista especializada en comunicación interactiva, e unha xornada adicada á produción de contidos audiovisuais en 360º e VR con Rubén Lázaro, da empresa galega Siente VR.

Se tedes interese en saber máis do #LAIC, podedes facelo a través da súa web, á que podedes acceder desde aquí. Tamén aquí podedes coñecer polo miúdo o programa Coruña Dixital.

Subir