As posibilidades creativas da tecnoloxía protagonizan a nova convocatoria das Xornadas sobre Mediación Cultural do CCG

As Xornadas sobre Mediación Cultural que promove no Consello da Cultura Galega o noso compañeiro Marcos Lorenzo celebraron o pasado 3 de decembro unha nova sesión. Tras unha primeira achega a pasada primavera á animación sociocultural e á cultura colaborativa, nesta nova convocatoria o ciclo apostou por unha aproximación á cultura dixital.

Esta segunda sesión, que levou por título Contidos e prácticas culturais e artísticas na contorna dixital, estivo tamén coordinada polo noso compañeiro Sergio Lago, e supuxo unha toma de contacto con algunhas das novas tendencias, estratexias e ferramentas coas que o público está aproximándose aos contidos culturais e artísticos no ámbito dixital.

 

Novos formatos  e ferramentas inmersivas 

Nun primeiro bloque, a sesión abordou as prácticas artísticas e culturais que experimentan coa mediación tecnolóxica, desde a perspectiva das novas posibilidades que se presentan, pero tamén desde una posición crítica.

Para iso contou coa participación do produtor cultural Bani Brusadin, comisario do festival The Influencers, vincuado ao CCCB de Barcelona, ou dos estudios críticos Freeport 0 do festival Tentacular, dúas referencia dos espazos de intersección entre a arte, a tecnoloxía e as novas culturas populares dixitais. Por outra banda, a xornalista Esther Pérez-Amat, integrante do Laboratorio de Innovación de RTVE, aportou a súa experiencia no eido na narrativa dixital inmersiva nas artes escénicas e musicais

Podedes ver aquí as súas intervencións:

 

 

O segundo bloque da xornada estivo adicado a boas prácticas galegas de educación e divulgación cultural no eido dixital. Así, coñecimos as estratexias para a alfabetización dixital e mediática de adultos, da man de Carmen Suárez Nieto, impulsora da iniciativa Fálame de San Sadurniño, as claves da divulgación cultural nas redes con Miguel Ángel Cajigal Vera El Barroquista, e a filosofía coa que se desenvolve Coruña Dixital, un programa municipal integral de educación e divulgación dixital co seu coordinador, Sergio Lago.

Tamén tedes a posibilidade de visionar este segundo bloque da xornada:

 

O ciclo complétase con dúas sesións máis que se desenvolverán nos vindeiros meses:

  • Patrimonio, turismo e centros culturais: a elaboración de relato, o deseño de experiencias, as técnicas de programación cultural e a relación cos públicos.
  • Medios de comunicación: o papel da prensa, televisión, radio e outras canles como escaparates da oferta cultural dun territorio.

Tanto na web do Consello da Cultura Galega e as súas redes como nas nosas teredes información cando se convoque a seguinte xornada deste ciclo.

Subir