No mes de setembro comezamos a coordinación dunha formación integramente en liña orientada á transformación dixital do sector cultural. O curso, unha proposta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural co apoio da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura, estaba orientado a profesionais, activistas e estudantes da contorna cultural galega e comezou a súa andaina con más de 250 persoas inscritas.
Cada semana, entre setembro e mediados de decembro, fomos avanzando nun proceso de formación baseado na combinación de varias unidades temáticas en formato dixital e unha sesión síncrona, relacionada con eses contidos, e a docente responsable dos mesmos. Así ata completar un total de sete cursos.
Polo espazo virtual que creamos para esta formación pasaron profesionais referentes de distintas áreas que compartiron con nós coñecementos, experiencia e metodoloxías aplicables aos nosos proxectos e dinámicas culturais. Persoas como André Castelo, avogado especialista en Dereito TIC, Balbina Gándara, xestora cultural especializada en dixitalización e arquivos, Marta Suárez-Mansilla, avogada especializada en Dereito da Cultura, Diego Parajó, experto en metodoloxías dixitais e innovación social, Martí Perramón, experto en marketing cultural dixital e participación, Andreu Garrido, experto en xestión de datos e audiencias culturais e o mediador e xestor cultural Jaime Capilla.
Tamén outras profesionais do sector que compartiron a súa experiencia no eido da transformación dixital, como foi o caso de Adriana Pazos Ottón (Aula de Ideas), Fermín Blanco (Mr. Lupo), a Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña (con Bruno Mayorga, Sira González, María José Fernández e Reme Vázquez), Carmen Suárez (Fálame de San Sadurniño) e Ana Lorenzo (Cidadanía) e da cultura dixital, como María Yáñez (Vinte) e Xulio Vázquez (NOAD). Ademais do equipo de BenCuriosa, que desenvolveu tamén varios dos contidos formativos.
Foi unha experiencia intensa na que se puido, como a nós nos gusta, aprender facendo e compartindo. As persoas inscritas nesta formación, que era gratuíta, teñen ata o 31 de marzo para completar a formación, obtendo ao remate da mesma un certificado.
Toda a información está na web da AGPXC, á que podedes acceder dende aquí.
Comments (2):
A transformación dixital na cultura de proximidade – BenCuriosa
[…] da Xestión Cultural , para quen desenvolvemos, co apoio da Xunta de Galicia, o curso de Transformación Dixital para o Sector Cultural. Unha experiencia moi enriquecedora na que participaron máis de 250 profesionais do sector e que, […]
La transformación digital en la cultura de cercanías – BenCuriosa
[…] la Gestión Cultural , para quien desarrollamos, con el apoyo de la Xunta de Galicia, el curso de Transformación Digital para el Sector Cultural. Una experiencia muy enriquecedora en la que participaron más de 250 profesionales del sector y […]