Convidadas polas nosas compañeiras de O Cable Inglés, coordinamos dous obradoiros enmarcados dentro da II edición do workshop “Sociedade Dixital e Xénero, Hackeando o patriarcado” da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo.
- OBRADOIRO VIRTUAL PARA COMBATIR MACHITROLES. “STOPMACHITROLES”. Impartido por Macarena Hernández Conde, xornalista e colaboradora en diversos medios de comunicación, como El Salto e El Topo. Traballa na investigación sobre os discursos dos feminismos na cultura dixital dende o Grupo de Traballo de Apropiación de tecnoloxías dixitais e interseccionalidades do Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais. É parte do equipo de Compolíticas e da Rede Iberoamericana de Investigación en Políticas, conflitos e movementos urbanos. Con Macarena puidemos desenvolver análises das redes sociais identificando comentarios machistas e misóxinos e, paralelamente, ver como podemos traballar na creación de deseños de “microproductos culturais de difusión virtual” (memes, vídeos, frases, cancións, etc) para respostar aos mesmos e facer que circulen pola rede.
- OBRADOIRO VIRTUAL “WIKIMARATÓN FEMINISTA. WIKIGAP.” Tratouse dun formato en liña dunha editatona. Nela partíamos da necesidade de traballar por una Wikipedia igualitaria, mediante a visibilización do traballo das mulleres, xerando novas biografías. A meirande parte das persoas que editan e crean contidos son homes (sobre un 80%) e iso tradúcese en que as reseñas biográficas de homes cuadriplican as de mulleres. E non só iso, senón que ás veces as biografías femininas non ofrecen unha visión obxectiva e completa das protagonistas.


Outras novas destacadas
sesión-presentación-ceuxic-xestion-e-innovacion-cultural
Recta final para #aprenderfacendo na sétima edición do CEUXiC
[2] Formación
CEU Xestión Cultural 2017-18
Queres achegarte profesionalmente á xestión e á innovación cultural?
[2] Formación
hannah-olinger-8eSrC43qdro-unsplash
Escribindo poesía. Foto de Hannah Olinger en Unsplash
O impacto dos premios de poesía en Galicia a análise
[1] Investigación e Divulgación
Sara Fraga nas conversas de Saberes Próximos
Saberes Próximos, tamén para escoitar
[1] Investigación e Divulgación
Transformación Dixital
Acompañamos a outras cooperativas nunha formación sobre transformación dixital e financiamento
[2] Formación
A transformación dixital na cultura de proximidade
Unplash
Ábrese a web de Saberes Próximos
[1] Investigación e Divulgación