Unha participante no obradoiro de creación audiovisual practica técnicas de gravación co seu teléfono móbil. O obxectivo é a elaboración de diversos contidos dixitais

Aprendemos a crear contidos dixitais na Normal

Este outono estamos a desenvolver na Normal dous obradoiros en liña dirixidos a persoas con interese na creación de contidos dixitais.

Estas propostas formativas encádranse dentro da oferta de talleres que o espazo cultural da UDC ofrece á cidadanía.  Están adicadas por unha banda a creación audiovisual e por outra ao proceso de creación e coidado dun blog.

Como aprender a crear contidos dixitais?

Máis alá dos coñecementos técnicos, que por suposto son necesarios, a nosa filosofía á hora de deseñar e impartir as formacións ten que ver, en realidade, co que se quere contar. E, por tanto, coa resposta a estas preguntas: que queres facer, para que e para quen.

O que tratamos de trasmitir é que a tecnoloxía é quen debe adaptarse aos proxectos das persoas. Non ao revés.  E, a partir de aí, abordamos as ferramentas e recursos técnicos necesario. 

Experimentando do vídeo ao blog

Este enfoque estivo moi presente no obradoiro de creación audivisual, que vimos de pechar da man do colectivo Merenda Creativa. Tamén na proposta Así se crea -e coida- un blog, que desenvolvemos estes días e que rematará a súa andaina a mediados de novembro.

Esta é terceira ocasión que colaboramos cos obradoiros da Normal. Xa participamos, a través de formatos en liña, con talleres adicados a outros aspectos da creación dixitalmantemento dunha canle de YouTube e iniciación á edición de vídeo, ambos con Merenda Creativa.

Tamén con formacións adicadas ás narrativas dixitais, da man dos compañeiros de Gingko ou iniciación á comunicación dixital. 

Subir