Creación cidadá

Obradoiros de creación e comunicación dixital

A imaxe correspóndese coa sesión final dun obradoiro de creación dixital, no que unha persoa fotografía co seu móbil o resultado do traballo

Propostas formativas para aprender, de maneira sinxela, práctica e áxil, a crear e compartir na Rede ideas creativas e contidos divulgativos.

As canles dixitais teñen un gran potencial para poder compartir coñecemento e desenvolver a creatividade. Tanto se se trata de impulsar proxectos persoais, como de mellorar a presenza dixital dunha iniciativa educativa, social, institucional ou profesional, a creación de contidos dixitais require dunhas bases técnicas para desenvolvelos e dunha estratexia de difusión para que posteriormente poidan chegar a outras persoas de xeito efectivo.

Temáticas e contidos

Desde o equipo de BenCuriosa imos incorporando constantemente novas propostas, compartindo o coñecemento práctico recollido nas nosas investigacións e proxectos. Xunto a outras profesionais especialistas abordamos tres eixos temáticos básicos:

  • Como poder afrontar un proxecto creativo ou divulgativo na Rede desde cero.
  • Aprender claves técnicas e narrativas para xerar contidos audiovisuais na Rede.
  • Descubrir as claves de formatos e plataformas concretas, como por exemplo blogs ou YouTube.
  •  

A quen están dirixidos?

Os cursos están dirixidos a todo tipo de persoas que, para o ámbito persoal ou de traballo, desexen adquirir os coñecementos e destrezas dixitais necesarias para:

  • Crear un proxecto desde cero e aproveitar o curso para facelo.
  • Darlle unha nova vida a unha proposta que xa estea en marcha.
  • Ou simplemente aprender para proxectos futuros.
 

En que formato se desenvolven?

Sempre dende unha perspectiva creativa e tendo moi presente a filosofía de #aprenderfacendo e #aprendercompartindo que aplicamos a todas as nosas propostas formativas, os obradoiros de creación dixital desenvólvense principalmente en formato en liña.
 
Combinamos contidos dixitais e actividades prácticas que o alumnado pode ir desenvolvendo ao seu ritmo, xunto a un coidado e atención personalizada, en forma de sesións en directo de posta en común, acompañamentos titorizados e diferentes canles de comunicación co equipo docente.
 
O tempo de adicación habitual é de 15 horas, distribuídas en 3-4 semanas de duración.
 

Necesidades e requirimentos previos

As persoas participantes só precisan de equipo informático convencional (sobremesa, portátil ou tablet) e conexión a internet. Xeralmente non se require a instalación de ningún software específico.

Con vocación introdutoria e inclusiva, adaptamos as formacións a diferentes niveis de partida, tanto na temática como no uso de plataformas formativas en liña.

Traballamos con:

Universidade da Coruña (Normal)

Universidade de Vigo (Cátedra de Feminismos)

Interésanche estas propostas formativas?

Se tes INTERESE PERSOAL nestas liñas podes visitar o noso espazo formativo rede.bencuriosa.com ou seguirnos nas diferentes canles, onde difundimos as convocatorias abertas.

Se na túa ENTIDADE tedes interese en contar cos nosos obradoiros de creación dixital,
consúltanos sen compromiso!

Subir