A Normal -o espazo cultural da Universidade da Coruña- vén de activar a súa oferta de obradoiros para o derradeiro cuadrimestre deste 2021, nos que participamos con dúas propostas en liña orientadas á creación dixital.
Inscrición aberta en creación audiovisual e creación e coidado dun blog
Por unha banda, desenvolvemos en colaboración co colectivo Merenda Creativa un obradoiro adicado á creación audiovisual. Nel percorreremos de maneira práctica todo o proceso de creación dun contido, cunha especial adicación aos procesos relacionados coa edición de vídeo.
O segundo obradoiro está centrado nas cuestións relacionadas coa creación e coidado dun blog. Dende o manexo básico de WordPress ata diversas cuestións vinculadas ao coidado do contido.
Nos dous casos, a inscrición está aberta ata o vindeiro 26 de setembro. Tes toda a información ampliada e o acceso a matrícula na web da UDC, á que podes acceder dende aquí.
Experiencias previas
Esta é a terceira ocasión que colaboramos coa Normal neste ámbito formativo. Aos seus obradoiros xa levamos, a través de formatos en liña, outros aspectos da creación dixital: mantemento dunha canle de YouTube e iniciación á edición de vídeo, ambos con Merenda Creativa, narrativas dixitais, da man dos compañeiros de Gingko ou iniciación á comunicación dixital.