Imaxe principal do webdoc Artesanías Dixitais, na que se poden ver, en miniatura, imaxes das doce profesionais que aportan o seu testemuño ao vídeo interactivo

Viaxe interactiva ás artesanías dixitais galegas

Onte estreamos Artesanías Dixitais,  un webdoc que propón un percorrido polo espazo dixital galego da man de doce creadoras e creadores procedentes de áreas moi diversas: programación creativa, docencia, recreación histórica, deseño, arte, videoxogos… 

Este proxecto ten como obxectivo ofrecer unha panorámica sobre as profesións ou áreas de traballo emerxentes vinculadas á creación dixital e  que teñen un vínculo real con profesionais, empresas e itinerarios educativos de Galicia.

Estas disciplinas, aínda que non o pareza, teñen moito en común coas vellas artesanías! Os seus profesionais traballan coas mans, o seu oficio require coñecemento amplo da técnica e das ferramentas, e é froito de anos de experiencia, e ademais desenvolven novos saberes. Eles e elas constrúen a nosa cultura dixital.

Que podes ver no webdoc?

Artesanías Dixitais recolle, a través dunha narrativa dixital como a do webdoc, o testemuño de:

Artesanías Dixitais foi deseñado e realizado polo noso compañeiro Antón Varela, creador audiovisual e dixital  emerxente recentemente premiado nos festivais Carballo Interplay e @Youtubeir@s , a quen coñecimos grazas ao seu traballo en Vinte.

Onde podes velo?

Artesanías Dixitais realizouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021, impulsado dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

En Vinte fixeron unha magnífica reportaxe sobre o webdoc e os seus contidos, que te convidamos a ler. Tamén podes ler sobre Artesanías Dixitais no xornal Praza unha completa reportaxe! Así como no dixital Galicia Confidencial, no que tamén se fixeron eco do proxecto.

Podes navegar o noso documental interactivo en artesaniasdixitais.bencuriosa.gal. Agardamos que che guste!

Subir