As posibilidades da creación dixital regresan esta primavera á Universidade da Coruña
Volvemos á NORMAL (UDC) con dúas novas formacións en liña nas que compartiremos, por unha parte, as claves básicas da comunicación dun proxecto de proximidade: sociocultural, divulgativo, comunitario… Coñeceremos canles, ferramentas e recursos accesibles para a comunicación dixital e experiencias inspiradoras. Tamén aprenderemos a estruturar un plan de comunicación sobre un proxecto concreto.
A segunda proposta, xunto a Merenda Creativa, permitirá achegarnos ás claves básicas da edición audiovisual.
Tes toda a información na web da UDC.