A Rede de Bibliotecas da Coruña afronta o fin do ano cun obradoiro para a axilizar a súa transformación dixital
Rematamos o ano cunha sesión presencial xunto ás nosas compañeiras da Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña. Foi unha xornada de análise, reflexión, contextualización e aterraxe do proceso de acompañamento que están a realizar da nosa man. Un proceso prolongado no tempo que comezou no mes de marzo. Nel procuramos xuntas a mellor maneira de afrontar o reto da transformación dixital dende o punto de vista das bibliotecas públicas.
Na sesión participaron axentes de diferentes departamentos da Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña. Os contidos estaban centrados na comunicación a través das plataformas dixitais, ese punto da transformación dixital no que se materializa toda a estratexia plantexada a nivel global.
Un obradoiro pensado para a aterraxe e a reflexión
A través de explicacións e dinámicas grupais, o equipo de Bencuriosa procuramos construir un relato da sesión que convidase aos asistentes a unha reflexión sobre a realidade dos centros que administran. Foi o propio equipo das Bibliotecas quenes, a través do debate, definiron os seus centros como espazos culturais de proximidade, lugares de encontro e ocio, axentes mediadores e facilitadores a favor do cidadán…
Baixo estas premisas, a sesión favoreceu o debate sobre a idea das bibliotecas como almacéns de contido. Destacouse a súa capacidade para xerar relatos e novos contidos tratados e adaptados para cada público. Estas calidades converten estas institucións e aos seus traballadores en verdadeiros creadores de contidos, non sempre valorados como tal.
O reto coas redes sociais? Conseguir adaptar estas ideas e transmitilas baixo fluxos de traballo áxiles e perdurables no tempo.
Ademais, retomamos a análise dos públicos das Bibliotecas para reflexionar xuntas sobre as diferentes maneiras de achegarnos a eles e, sobre todo, conseguir ofrecerlles os contidos máis útiles.
Con esta xornada pretendíase facer chegar aos públicos algunhas das conclusións que xurdiran na análise de situación que realizamos ao longo destes meses. Máis alá das necesidades concretas que poidan xorder e que poidan ser solventadas de diferentes maneiras, a pretensión era a de crear a conciencia da súa necesidade. Dalgún modo, procuramos poñer en valor o traballo destas profesionais da Rede de Bibliotecas de Coruña. É necesario homoxeneizar a imaxe que teñen deles mesmos e das súas necesidades de comunicación.
O reto da transformación dixital na Rede de Bibliotecas de Coruña
A Rede de Bibliotecas da Coruña está integrada por oito bibliotecas. Leva tempo dando resposta ás necesidades dixitais na cidadanía, con propostas formativas e lúdicas. Mais mantén unha constante adaptación froito do esforzo e imaxinación das traballadoras e equipos dos centros. É o máis claro refrexo da idea de biblioteca dinámica e moderna. No 2021 a Rede propúxose afrontar un novo reto: acelerar o seu proceso de transición dixital. Pero afróntano dende o máis coidado equilibrio entre o presencial e o virtual.
Para facilotar este proceso, dende Bencuriosa deseñamos unha metodoloxía propia e personalizada. Buscamos ir máis aló das consultorías externas que conclúen coa entrega dun informe, moitas veces abrumador.
Buscamos, pola contra, activar procesos de reflexión-aprendizaxe máis graduais, nos que acompañar ao equipo da entidade con información de utilidade e propostas de mellora sostibles, tendo en conta a realidade dos recursos dispoñibles nas bibliotecas de proximidade.