O programa Coruña Dixital, impulsado desde a Concellería de Educación e Culturas da Coruña, reanuda a súa actividade trala pausa do verán, coordinado e comisariado polo noso compañeiro Sergio Lago a través da cooperación empresarial con Xeneme Proxectos Sociais, que dirixe Diego Parajó.
Neste outono o programa centrarase en dúas das súas liñas fundamentais: por unha banda, a difusión das iniciativas que hai na cidade da Coruña en torno ás tecnoloxías e á cultura dixital, sen esquecer o amplo abano de propostas de alfabetización e inclusión dixital que se ofertan no Concello. Para este fin, conta cunha axenda actualizada que tamén se difunde a través das redes.
Por outra parte, a facilitación e colaboración activa coa comunidade tecnolóxica da cidade, aportando o que precisan estes colectivos e entidades (a nivel de loxística, apoio e comunicación) no desenvolvemento das súas propostas.
Xa de cara aos primeiros meses de 2020, contará cunha nova edición do #LAIC, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación. Os seus eixos temáticos a as actividades que ofreza presentaranse en breve.
.
Eventos destacados nas vindeiras semanas
A Coruña acollerá varias citas importantes. O 4 e 5 de outubro chega a primeira edición de AtlánticaConf, que ten como gran valor o feito de ser unha iniciativa colaborativa, froito do traballo común de varios colectivos tecnolóxicos galegos. Conta co apoio de varias entidades, entre elas Coruña Dixital, e será un gran punto de encontro de universidades, empresa e profesionais, afeccionados e estudantes das TIC.
Outra das propostas destacadas, xa o sábado 09 de novembro, será a oitava edición da Feira das Tecnoloxías Libres OSHWDem 2019, que organiza a asociación Bricolabs. Celebrarase un ano máis na Domus, con entrada aberta a todos os públicos.
Para ampliar información, podedes visitar desde aquí a web de Coruña Dixital. Nela tedes a posibilidade de acceder ás novas tecnolóxicas da cidade, a axenda de actividades e coñecer aos colectivos que desenvolven moitas das súas propostas, ademais de subscribirvos ao seu boletín.
Comments (2):
As narrativas dixitais e transmedia, protagonistas do #LAIC de Coruña Dixital | BenCuriosa
[…] Coruña Dixital reanuda a súa actividade nesta nova tempada 2019-20 […]
Las narrativas digitales y transmedia, protagonistas del #LAIC de Coruña Dixital | BenCuriosa
[…] es el LAIC, que extiende su programación hasta finales de marzo, pero el programa municipal, que está en marcha desde comienzos del pasado otoño, tiene más líneas de trabajo: mantiene su compromiso con la comunidad técnica local, dando […]