Aula con xente traballando en grupos, dentro da proposta Coidar de Nós

“Coidar de nós, para coidar da cultura”: arrinca na Culturgal un novo proxecto arredor da sustentabilidade laboral no sector cultural

Hai unhas semanas o Pazo de Goiáns acollía o I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural, na que se falou, por primeira vez da idea de coidar de nós. Agora, esta reflexión materialízase da man da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural nun novo proxecto. Comisariado polo noso compañeiro Sergio Lago, este proxecto deu…

I Encontro Xestión Cultural en Goiáns. Foto de grupo nos xardíns do pazo, con preto de sesenta persoas formando un semicírculo. Falouse de asociacionismo, retos e a necesidade de coidar de nós

Profundando nas prácticas profesionais responsables na xestión cultural

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organizou o seu primeiro encontro, baixo o título Unha aproximación á realidade cultural. Na xornada, celebrada no Pazo de Goiáns (Boiro), falouse de moitas cuestións. Eentre elas, a necesidade de coidar de nós como base dunha xestión cultural responsable.  Pero imos por partes: trala recepción institucional, as…

Encontro de BenCuriosa e alumnado do CEU en Xestión Cultural da USC coa organización do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. A imaxe correspóndese cun momento do encontro, no Pazo de Cultura de Carballo, co concelliro de Cultura, a técnica e a monitora de Cultura e o presidente da asociación cultural Telón e Aparte, como responsables da organización do festival.

Viaxamos a Carballo para coñecer o FIOT dende dentro

A experiencia formativa do CEU en Xestión Cultural, que coordinamos na USC, non finaliza nas aulas. Por exemplo, regularmente organizamos visitas e encontros coa comunidade de profesionais que participou no Curso, como alumnado ou docentes. Nesta liña, esta fin de semana tivemos o pracer de coñecer dende dentro o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). Esta…

Compartimos en Extremadura boas prácticas para a mediación dixital

Compartimos en Extremadura boas prácticas para a mediación dixital

La asociación profesional Agcex nos invitó a compartir mesa con Alberto Fesser (La Fábrica. Observatorio de la Cultura), Cristina Sanmamed (Todos tus Libros. Miembro de CEGAL, propietaria de la librería La Puerta de Tannhäuser), Miriam García Cabezas (Secretaria General de Cultura. Consejería de Cultura, Turismo y Deportes de Extremadura) y Titi Martínez (Wetsmusic y promotor…

Participamos no evento Think Up Culture! cunha achega sobre financiamento de proxectos culturais transformadores

Participamos no evento Think Up Culture! cunha achega sobre financiamento de proxectos culturais transformadores

O noso compañeiro Sergio Lago vén de participar en Mallorca na quinta edición do evento itinerante Think Up Culture!, que tamén percorreu outras illas mediterráneas, Barcelona e a cidade turca de Izmir. A cita, promovida por Power House Hub, tiña como obxectivo inspirar, mediante a posta en común, o diálogo e o debate, ás persoas emprendedoras…

Intercambiamos experiencias con colegas de Galicia e Portugal na capital cultural do Eixo Atlántico

Intercambiamos experiencias con colegas de Galicia e Portugal na capital cultural do Eixo Atlántico

Os nosos compañeiros Marcos Lorenzo e Sergio Lago participaron no I Seminário de Intercâmbio de Experiências no âmbito da Cultura, que se celebrou na localidade portuguesa de Santa Maria da Feira. Foi unha nova ocasión para compartir experiencias e coñecemento con compañeir*s do sector da xestión cultural de Galicia, e especialmente de Portugal, en torno…

Viaxamos ao Norte de Portugal para tecer unha rede profesional e cultural
|

Viaxamos ao Norte de Portugal para tecer unha rede profesional e cultural

Como xa fixemos en anos anteriores, este organizamos unha viaxe profesional para colegas e alumnado do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural; e, ao igual que nas outras ocasións, a nosa ruta cultural levounos desde Galicia ata o veciño Portugal. Se o ano pasado visitamos Tondela, Santa María da Feira e Viseu e antes…

Volvemos ao norte de Portugal para seguir tecendo rede co seu sector cultural
|

Volvemos ao norte de Portugal para seguir tecendo rede co seu sector cultural

Un ano máis, a viaxe profesional que organizamos para a comunidade do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural e colegas de profesión lévanos até Portugal. Será a primeira fin de semana de xuño con paradas en Braga, Porto e Viana do Castelo. Na nosa estancia en Braga achegarémonos a iniciativas como GRNation ou Theatro-Circo , entre outras…

Tecendo redes culturais entre Galicia e Portugal

Tecendo redes culturais entre Galicia e Portugal

Viaxamos ata Viana do Castelo convidados polo Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade –CECS- da Universidade do Minho e a Organización de Estados Iberoamericanos de Portugal para participar, cunha intervención do noso compañeiro Marcos Lorenzo, nas 2CN-CLabs Talks, que se desenvolven estes días en varias cidades portuguesas, como Porto, Coimbra, Lisboa, Évora ou Faro,…

Un cento de iniciativas galegas no Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural

Un cento de iniciativas galegas no Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural

O Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural, impulsado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e coordinado por Sergio Lago, inicia a súa andaina. Trátase dunha escolma de cen iniciativas pensada especialmente para profesionais do sector, cargos públicos con responsabilidades culturais ou artistas, entre outros moitos perfís, que poidan precisar dun coñecemento profundo do…

Colaboramos no Banco Dixital de Boas Prácticas da AGPXC

Colaboramos no Banco Dixital de Boas Prácticas da AGPXC

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) está a traballar na creación dun banco de boas prácticas para a xestión cultural. Coordinado polo noso compañeiro Sergio Lago, este proxecto faise coa finalidade de poñer a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas, entre outros perfís,…