|

Se chego a sabelo antes! Ciclo de encontros do proxecto Coidar de Nós 2024

Abrimos o 17 de outubro unha nova etapa no proxecto Coidar de Nós, para coidar da cultura, impulsado pola AGPXC co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña. Un ciclo de encontros para compartir experiencias, poñer en común coñecementos profesionais e elaborar colectivamente unha guía laboral arredor do oficio da xestión cultural.

Estes encontros sucederanse este outono en formatos presenciais e en liña, co obxectivo de abordar temas clave para mellorar as condicións laborais no sector, fomentar prácticas sostibles e fortalecer as redes profesionais.

🗓 Xoves 17/10/2024 | 10h-13h
📍 Sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña (presencial)
Encontro: A xestión cultural nas administracións públicas

Incluíu a presentación do proxecto coa participación da Deputada de Cultura, Natividade González, do presidente da AGPXC, Carlos Lorenzo, e do coordinador do proxecto, Sergio Lago.

Relatorio: “Cómo traballar nun servizo municipal de cultura (e non morrer no intento)”, a cargo de Betisa Anda, técnica de cultura municipal de Altsasu e representante de KUNA (Asociación de Profesionais da Xestión Cultural de Navarra). Compartiu reflexións e conclusións de estudos sociolaborais pioneiros realizados no seu territorio, como o informe “Hacia un modelo funcional de los servicios municipales de cultura”.

Conversa aberta: “O desempeño laboral nas administracións. A oferta existente, as vías de acceso e a realidade cotiá do traballo público en cultura”, moderada polo socio Marcos Lorenzo.


🗓 Sábado 26/10/2024 | 10h-12h
📍 Desde BAM Betanzos (en liña)
Encontro: Os primeiros pasos laborais na xestión cultural

Moderado por Sara Fraga. Trataranse as situacións e fórmulas de acceso á profesión para as novas xeracións: bolsas, premios, prácticas ou autoemprego.


🗓 Mércores 30/10/2024 | 16h-17h30
📍 Desde Arteixo (en liña)
Encontro: E canto cobro? Traballar por conta propia na xestión cultural

Facilitado por 50pés. Cooperativa, conformada por Helena Sanmamede (tradutora económica) e Mariola Mourelo (facilitadora de grupos), con ampla experiencia na creación de proxectos propios, acompañamento a profesionais e activismo social, económico e feminista.


🗓 Mércores 06/11/2024 | 16h-17h30
📍 Desde Carral (en liña)
Encontro: Fórmulas de traballo colectivo na xestión cultural

Moderado por Emi Candal, socia e responsable da sectorial de cultura en EspazoCoop. Contrastaremos diversas fórmulas de traballo cooperativo adaptadas á realidade cultural e creativa, marcadas pola atomización e a intermitencia.


🗓 Mércores 13/11/2024 | 18h-19h
📍 En liña
Encontro: Auto-coidados, co-coidados e saúde mental na xestión cultural

Facilitado por Rosana Corbacho, psicóloga clínica especializada no sector cultural, especialmente na música. Conta con máis de 15 anos de traxectoria acompañando artistas, impartindo formacións e participando en festivais e encontros como Primavera Sound, Tallinn Music Week, Reeperbahn Festival ou La Casa Encendida, entre outros.


🗓 Mércores 20/11/2024 | 17h-19h
📍 O Gabinete, Santiago de Compostela (presencial)
Obradoiro: TE(n) CUIDADO. Ferramentas para a organización colectiva

En colaboración co colectivo Larre (Lara García Díaz, Priscila Clementti e Ángela Palacios). Compartiremos os resultados do seu traballo arredor dos coidados nas prácticas culturais colectivas, a través da súa Caixa de Ferramentas, unha proposta aberta, replicable e adaptable para a articulación dos coidados en contextos culturais.

Toda a información aquí.

Publicacións similares