A imaxe é unha suma de fotos individuais, tanto de alumnos e alumnas da sexta edición do CEU en Xestión Cultural, como do equipo docente e promotor. As fotografías están colocadas ao estilo dunha orla, sobre a imaxe corporativa, en ton maxenta, do Curso

O CEU en Xestión Cultural culmina a súa sexta edición

Logo de meses de aprendizaxe arredor da xestión cultural, e dun verán no que parte do alumnado aproveitou para desenvolver as súas prácticas, o Curso de Expert* Universitari* que coordinamos na USC pechou este 30 de setembro a súa sexta edición.

Foi un curso intenso, polas incertezas e cambios relacionados coa evolución da covid. Pero tamén por todo o que fomos facendo nel co paso das semanas. Por exemplo, xerar un espazo dixital en harmonía co presencial, tecer rede (a pesar da distancia da virtualidade) e traballar a gusto en equipo. 

Ademais, nesta edición contamos de novo cun amplo equipo docente. Titores e titoras do Curso e outros profesionais do sector, referentes na contorna ibérica, que compartiron connosco os seus coñecementos e experiencias. Tamén coa colaboración de empresas e entidades do sector cultural para as prácticas voluntarias.

Todo isto, sumado ás enormes ganas de aprender do noso alumnado, fai que rematemos cun balance moi positivo. Poderás ler máis na propia web do Curso.

Cando será a sétima edición do CEU en Xestión Cultural?

O CEUXC ten actualmente carácter bienal. Por tanto, a vindeira edición, que será xa a sétima, celebrarase no curso 2022-23.

Como aínda queda un pouco de tempo ata que se abra a convocatoria, tes aquí a opción de susbcribirte ao boletín. Nel terás a información necesaria de primeira man para solicitar a túa praza.

Queres compartir este contido?
Subir