Formación

CEU en Xestión e Innovación Cultural da USC

Primeira sesión do CEU en Xestión Cultural da USC no curso 2018-19

Formación de posgrao en Galicia para a práctica profesional na xestión cultural.

Desde 2014 impulsamos, deseñamos e exercemos a coordinación académica do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural da USC, xunto aos profesores Isabel Neira e Gonzalo Rodríguez.

Trátase dunha formación orientada á práctica profesional e baseada en dous principios: #aprenderfacendo e #aprendercompartindo. Cunha clara perspectiva galega, pero sen esquecer as principais referencias estatais e cunha ligazón moi estreita coas nosas veciñas e veciños de Portugal.

O Curso, que celebrou xa seis edicións, conseguiu neste tempo xerar un espazo inédito de conexión profesional en Galicia polo que pasaron máis de 250 profesionais da xestión cultural, entre alumnado, docentes e colaboracións chegadas de  moi diferentes entidades públicas e privadas.

O CEU en Xestión Cultural da USC baséase no cambio de modelo experimentado no espazo cultural europeo, que se traduce na obriga dunha maior diversificación de ingresos para viabilizar os proxectos e as entidades culturais, maior énfase no traballo cooperativo, a incorporación -xa ineludible- das novas tecnoloxías e unha maior implicación cos públicos.
 
No marco desta formación compartimos tamén en aberto publicacións sobre a profesión en Galicia, ademais dos contidos máis destacados de cada sesión no blog colaborativo do Curso.
 
O CEU en Xestión Cultural ten actualmente carácter bienal. A seguinte edición está prevista para o curso académico 2022-23.

Traballamos con:

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Cando?

Activo, desde 2014.

Sitio Web:

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress

Viaxe Portugal Boas Prácticas CEU Xestión Cultural da USC

2ª edición CEU Xestión Cultural da USC

2ª edición do CEU Xestión Cultural da USC

5ª edición do CEU en Xestión Cultural da USC

Contámosche máis...

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress

CEU en Xestion Cultural da USC

Imaxe correspondente á inauguración da quinta edición do CEU en Xestión Cultural da USC. O curso de posgrao, que se desenvolve con carácter bienal na facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago, está orientado á práctica profesional no sector cultural.
Queres acompañarnos na seguinte edición?

O Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural celébrase cada dous anos.
Entre unha edición e outra, se queres, podes estar ao día das novidades e recibir aviso de cando se abra a seguinte convocatoria:

Subir