Na web do programa documentouse a intensa actividade que se desenvolveu durante os últimos meses de 2016. Entrando en corunadixital.gal poderás atopar resumos, vídeos de intervencións de expert*s, reportaxes fotográficas, información sobre mesas de traballo, prototipos que xurdiron e moito máis.
Tamén, na sección de INICIATIVAS, realizouse un mapeado de colectivos, espazos, e eventos da cidade onde poder inspirarse, aprender e experimentar de xeito colectivo coa #culturadixital.
Coruña Dixital, un programa promovido dende a área de Culturas e Coñecemento do Concello da Coruña, está comisariado e coordinado polo noso compañeiro Sergio Lago.
Podes visitar o proxecto e seguir todas as novidades en coruñadixital.gal