Trala presentación do pasado mes de xuño na libraría Couceiro de Compostela, “A Xestión Cultural en Galicia” continúa o seu percorrido por outras librarías e cidades galegas para compartir as ideas básicas deste proxecto de coñecemento común, xurdido na quinta edición do CEU en Xestión Cultural, sobre a nosa cultura desde unha perspectiva profesional.
A primeira cita deste outono foi na libraría Berbiriana, na Coruña, onde os editores do libro, os nosos compañeiros Marcos Lorenzo e Sergio Lago, tiveron ocasión de compartir coas persoas que asistiron as claves deste proxecto.
Estiveron acompañados por María Yáñez, divulgadora dixital e directora de Vinte, e Paulo Rodríguez, director do teatro Rosalía de Castro. Ambos falaron da cultura dixital e artes escénicas en Galicia, xunto con Xavier Campos, asesor cultural da Deputación da Coruña, que aportou a súa visión xeral sobre o sector e as políticas culturais.
Foi un encontro moi agradable o de Berbiriana, no que, máis alá de presentar o libro, houbo ocasión de compartir opinións e ideas coas persoas que asistiron, xerando unha experencia moi enriquecedora.
Agora, “A Xestión Cultural en Galicia” segue o seu percorrido. Este é o itinerario do que queda de outono:
- 17 outubro: libraría Paz (Pontevedra)
- 22 outubro: libraría Trama (Lugo)
- 12 novembro: libraría Eixo (Ourense)
Todo o que precisades saber do proxecto, incluída a información completa e actualizada dos puntos de presentación e venda dos libros, está ao voso dispor na web do CEU en Xestión Cultural, á que podedes acceder desde aquí.
Comments (2):
“A xestión cultural en Galicia” culmina o seu percorrido polas librarías galegas | BenCuriosa
[…] “A xestión cultural en Galicia” retoma este outono a súa presentación nas librarías … […]
«A xestión cultural en Galicia» culmina su recorrido por las librerías gallegas | BenCuriosa
[…] presentaciones, que comenzaron en Compostela en el verano de 2019 y se reanudaron en A Coruña en otoño, fueron una excelente ocasión para mantener un contacto directo con profesionales culturales, pero […]