“A Xestión Cultural en Galicia”: da divulgación dixital ás librarías
|

“A Xestión Cultural en Galicia”: da divulgación dixital ás librarías

En novembro de 2018, presentamos en Culturgal A xestión cultural en Galicia: unha iniciativa de coñecemento aberto en torno ao sector cultural galego impulsada polos nosos compañeiros Marcos Lorenzo e Sergio Lago desde o Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural, a proposta formativa que, nos últimos cinco anos, desenvolveron na USC xunto aos profesores Isabel Neira…

O Informe Anual da Cultura analiza por primeira vez a situación e importancia do sector cultural en Compostela

O Informe Anual da Cultura analiza por primeira vez a situación e importancia do sector cultural en Compostela

O Concello de Santiago vén de presentar o seu primeiro Informe Anual da Cultura. Un traballo pioneiro en España de recompilación e análise de datos municipais en relación ao sector cultural dirixido polo noso compañeiro Marcos Lorenzo. Unha das principais conclusións que se extrae do Informe é o importante peso que a cultura ten na…

En marcha un novo espazo de reflexión profesional sobre mediación cultural
|

En marcha un novo espazo de reflexión profesional sobre mediación cultural

O pasado 9 de abril comezaron no Consello da Cultura Galega as Xornadas sobre Mediación Cultural que coordina o noso compañeiro Marcos Lorenzo. Na primeira xornada, Marcos moderou un debate entre dous referentes da xestión cultural como son o profesor Jaume Colomer e o investigador Jaron Rowan en torno á animación sociocultural, a cultura colaborativa e todas as fórmulas que facilitan a participación da cidadanía…

Participamos no evento Think Up Culture! cunha achega sobre financiamento de proxectos culturais transformadores

Participamos no evento Think Up Culture! cunha achega sobre financiamento de proxectos culturais transformadores

O noso compañeiro Sergio Lago vén de participar en Mallorca na quinta edición do evento itinerante Think Up Culture!, que tamén percorreu outras illas mediterráneas, Barcelona e a cidade turca de Izmir. A cita, promovida por Power House Hub, tiña como obxectivo inspirar, mediante a posta en común, o diálogo e o debate, ás persoas emprendedoras…

Bota a andar “A xestión cultural en Galicia”, un espazo de coñecemento común sobre o sector cultural no país
|

Bota a andar “A xestión cultural en Galicia”, un espazo de coñecemento común sobre o sector cultural no país

O pasado 30 de novembro presentouse na décimo primeira edición de Culturgal A xestión cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual, unha iniciativa impulsada por Marcos Lorenzo e Sergio Lago desde o Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural, a proposta formativa que promoven desde o ano 2014, xunto aos profesores Isabel Neira e…

Intercambiamos experiencias con colegas de Galicia e Portugal na capital cultural do Eixo Atlántico

Intercambiamos experiencias con colegas de Galicia e Portugal na capital cultural do Eixo Atlántico

Os nosos compañeiros Marcos Lorenzo e Sergio Lago participaron no I Seminário de Intercâmbio de Experiências no âmbito da Cultura, que se celebrou na localidade portuguesa de Santa Maria da Feira. Foi unha nova ocasión para compartir experiencias e coñecemento con compañeir*s do sector da xestión cultural de Galicia, e especialmente de Portugal, en torno…

As políticas culturais en Galicia, protagonistas dunha xornada organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

As políticas culturais en Galicia, protagonistas dunha xornada organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

O pasado martes 13 de novembro a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) organizou na Cidade da Cultura unha xornada sobre políticas culturais en Galicia, valoradas por diferentes profesionais da xestión cultural e tamén por representantes de todos os grupos parlamentarios galegos. Foi unha tarde de posta en común, reflexión e debate na…

Viaxamos ao Norte de Portugal para tecer unha rede profesional e cultural
|

Viaxamos ao Norte de Portugal para tecer unha rede profesional e cultural

Como xa fixemos en anos anteriores, este organizamos unha viaxe profesional para colegas e alumnado do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural; e, ao igual que nas outras ocasións, a nosa ruta cultural levounos desde Galicia ata o veciño Portugal. Se o ano pasado visitamos Tondela, Santa María da Feira e Viseu e antes…

Volvemos ao norte de Portugal para seguir tecendo rede co seu sector cultural
|

Volvemos ao norte de Portugal para seguir tecendo rede co seu sector cultural

Un ano máis, a viaxe profesional que organizamos para a comunidade do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural e colegas de profesión lévanos até Portugal. Será a primeira fin de semana de xuño con paradas en Braga, Porto e Viana do Castelo. Na nosa estancia en Braga achegarémonos a iniciativas como GRNation ou Theatro-Circo , entre outras…

Debate en torno á Lei do Libro no Consello da Cultura Galega

Debate en torno á Lei do Libro no Consello da Cultura Galega

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e a Lectura e, con ese motivo, a sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega organizou unha xornada de avaliación do desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, unha normativa elaborada de xeito participativo e aprobada no Parlamento…

Tecendo redes culturais entre Galicia e Portugal

Tecendo redes culturais entre Galicia e Portugal

Viaxamos ata Viana do Castelo convidados polo Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade –CECS- da Universidade do Minho e a Organización de Estados Iberoamericanos de Portugal para participar, cunha intervención do noso compañeiro Marcos Lorenzo, nas 2CN-CLabs Talks, que se desenvolven estes días en varias cidades portuguesas, como Porto, Coimbra, Lisboa, Évora ou Faro,…

Un cento de iniciativas galegas no Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural

Un cento de iniciativas galegas no Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural

O Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural, impulsado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e coordinado por Sergio Lago, inicia a súa andaina. Trátase dunha escolma de cen iniciativas pensada especialmente para profesionais do sector, cargos públicos con responsabilidades culturais ou artistas, entre outros moitos perfís, que poidan precisar dun coñecemento profundo do…