Bota a andar “A xestión cultural en Galicia”, un espazo de coñecemento común sobre o sector cultural no país

O pasado 30 de novembro presentouse na décimo primeira edición de Culturgal A xestión cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual, unha iniciativa impulsada por Marcos Lorenzo e Sergio Lago desde o Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural, a proposta formativa que promoven desde o ano 2014, xunto aos profesores Isabel Neira e Gonzalo Rodríguez, na USC.

A xestión cultural en Galicia reúne as análises e reflexións de vari*s profesionais da xestión cultural, cada un desde a súa especialidade, co obxectivo de xerar un espazo común de coñecemento. É a primeira iniciativa destas características que se desenvolve en Galicia e materialízase a través de dúas vías: unha dixital, mediante unha publicación semanal en Praza.gal, concretamente os sábados. E outra, proximamente, a través da editorial Andavira, polo que tamén estará dispoñible para quen o desexe en formato libro.

Tedes máis información aquí sobre a presentación en Culturgal. Ademais, podedes seguir desde aquí o fío das publicacións en Praza.

 

Comments (2):

  • “A Xestión Cultural en Galicia”: da divulgación dixital ás librarías | BenCuriosa

    […] Bota a andar “A xestión cultural en Galicia”, un espazo de coñecemento común sobre o … […]

  • “A Xestión Cultural en Galicia”: de la divulgación digital a las librerías | BenCuriosa

    […] noviembre de 2018, presentamos en Culturgal A xestión cultural en Galicia: una iniciativa de conocimiento abierto en… impulsada por nuestros compañeros Marcos Lorenzo y Sergio Lago desde el Curso de Expert* […]

Subir