A cultura galega, protagonista no Jornal das Letras

A revista Jornal das Letras vén de publicar unha serie de artigos que, baixo o título Galiza, aqui tão perto do coração, explican diferentes aspectos da nosa cultura. Unha das aportacións  é a do noso compañeiro Marcos Lorenzo, que asina no número de agosto A industria cultural en Galicia: unha explicación da evolución recente e situación actual do tecido empresarial da cultura en Galicia.

O especial de dous volumes naceu da vinculación con Galicia do director do Jornal das Letras, José Carlos de Vasconcelos, e, especialmente, da sua amizade co escritor Carlos Casares.

Ademais de Marcos Lorenzo, máis profesionais vinculados á cultura galega participaron nesta iniciativa, entre eles Ramón Villares, Dolores Vilavedra, Víctor Freixanes, Inma López Silva ou Nélida Piñón.

 

Se non tivestes ocasión de ler no seu momento o Jornal das Letras e tedes interese en ver algunhas das achegas galegas a esta publicación portuguesa, aquí tedes a posibilidade de facelo.

Publicacións similares