“A Xestión Cultural en Galicia”: da divulgación dixital ás librarías

En novembro de 2018, presentamos en Culturgal A xestión cultural en Galicia: unha iniciativa de coñecemento aberto en torno ao sector cultural galego impulsada polos nosos compañeiros Marcos Lorenzo e Sergio Lago desde o Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural, a proposta formativa que, nos últimos cinco anos, desenvolveron na USC xunto aos profesores Isabel Neira e Gonzalo Rodríguez. Daquela, a iniciativa materializouse na publicación semanal dunha serie de artigos, asinados por profesionais de referencia no eido da cultura, a través do xornal dixital Praza Pública.

A Xestión Cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual deu un paso máis no seu camiño, publicándose tamén en formato libro da man da editorial Andavira. O volume recolle trece textos, asinados por outr@s tant@s profesionais do sector cultural galego que analizan a súa especialidade ou ámbito de traballo: Edición, audiovisual, artes plásticas, música, políticas públicas, acceso a financiamento, comunicación e públicos, cultura dixital… que nos permiten trazar un mosaico global sobre a actualidade da cultura de nós.

Onde atopar A Xestión Cultural en Galicia?

O libro irá chegando a librarías, bibliotecas e puntos de venda en liña. Aquí teredes a información actualizada de onde poder atopalo. Ademais, realizaremos varias presentacións en diferentes cidades galegas. Estas son as datas previstas:

A Xestión Cultural en Galicia presentouse ata o de agora na libraría Couceiro, de Compostela, nun acto no que  participaron os editores do libro, Marcos Lorenzo e Sergio Lago, xunto aos profesores da USC Isabel Neira e Gonzalo Rodríguez e Sonia Díaz e Henrique Alvarellos, que participan no libro coas súas achegas sobre comunicación cultural e o mundo da edición en Galicia respectivamente.

 

Compartimos con vós tamén algunhas referencias publicadas nos medios galegos, como esta entrevista no Diario Cultural da Radio Galega ou a publicada no dixital Galicia Confidencial.

Comments (4):

  • “A xestión cultural en Galicia” inicia a súa xira de outono | BenCuriosa

    […] “A Xestión Cultural en Galicia”: da divulgación dixital ás librarías […]

  • «A xestión cultural en Galicia» inicia su gira de otoño | BenCuriosa

    […] la presentación del pasado mes de junio en la librería Couceiro de Compostela, «A Xestión Cultural en Galicia» continúa su recorrido por otras librerías y ciudades […]

  • “A xestión cultural en Galicia” culmina o seu percorrido polas librarías galegas | BenCuriosa

    […] “A Xestión Cultural en Galicia”: da divulgación dixital ás librarías […]

  • «A xestión cultural en Galicia» culmina su recorrido por las librerías gallegas | BenCuriosa

    […] presentaciones, que comenzaron en Compostela en el verano de 2019 y se reanudaron en A Coruña en el otoño, fueron una excelente ocasión para […]

Tamén che pode interesar //

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress
Subir