|

En marcha un novo espazo de reflexión profesional sobre mediación cultural

O pasado 9 de abril comezaron no Consello da Cultura Galega as Xornadas sobre Mediación Cultural que coordina o noso compañeiro Marcos Lorenzo.

Na primeira xornada, Marcos moderou un debate entre dous referentes da xestión cultural como son o profesor Jaume Colomer e o investigador Jaron Rowan en torno á animación sociocultural, a cultura colaborativa e todas as fórmulas que facilitan a participación da cidadanía no feito creativo. Tralo debate, a xornada centrouse nas boas prácticas, con Alberto García, técnico de Cultura no Concello de Boiro e presidente da asociación de xestores culturais, e Ana Moreiras, responsable do festival Olloboi.

Se non tivestes ocasión de asistir, ou se vos apetece lembralo, podédelo ver desde aquí:

 

 

O ciclo complétase con tres sesións máis que se desenvolverán nos vindeiros meses:

  • NTIC: o presente e a potencialidade das novas ferramentas e dispositivos dixitais para o achegamento de contidos culturais e artísticos.
  • Patrimonio, turismo e centros culturais: a elaboración de relato, o deseño de experiencias, as técnicas de programación cultural e a relación cos públicos.
  • Medios de comunicación: o papel da prensa, televisión, radio e outras canles como escaparates da oferta cultural dun territorio.

Tanto na web do Consello da Cultura Galega e as súas redes como nas nosas teredes información cando se convoque a seguinte xornada deste ciclo.

 

Publicacións similares