Posgrao en Xestión e Innovación Cultural da USC

BenCuriosa deseña e coordina integralmente este programa formativo dende a súa primeira edición no ano 2014. Na actualidade, está co-dirixido por Sergio Lago e Isabel Neira, profesora de economía aplicada na USC.

O curso, agora con periodicidade bienal, celebra 10 anos de traxectoria ofrecendo un programa formativo adaptado ás características do sector cultural galego e ás necesidades das profesionais. Nesta década, consolidouse como un espazo clave para tecer redes, contando con máis dunha trintena de docentes –profesionais en activo de toda a Península– que comparten o seu coñecemento para #AprenderFacendo e #AprenderCompartindo sobre xestión cultural.

Dirixido a…

Profesionais do sistema cultural (traballadoras de empresas e entidades culturais, técnicas de cultura, responsables asociativos, autónomas, etc.) que queiran actualizar os seus coñecementos ou obter unha formación regrada. Tamén está aberto a recentes graduadas universitarias, emprendedoras doutros sectores e todas aquelas persoas interesadas en adquirir unha visión integral da xestión cultural.

O que fixemos

  • Deseño e coordinación integral do posgrao.
  • Co-dirección e planificación académica.
  • Desenvolvemento de novos formatos formativos modulares.
  • Divulgación e campañas de difusión. 

O enfoque

O programa formativo está orientado á conexión coa práctica profesional, mostrando novas tendencias no sector e experiencias inspiradoras. A metodoloxía baséase na aprendizaxe aplicada e na cooperación, promovendo o contacto directo con profesionais de prestixio e institucións culturais.

O curso actualmnete está estruturado en tres bloques temáticos, que tamén poden cursarse como Cursos de Formación Específica da USC:
📌 Análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo
📌 Deseño e xestión de proxectos culturais
📌 Mediación, comunidades e comunicación cultural

O equipo

  • Sergio Lago – Co-director
  • Marcos Lorenzo – Co-fundador e asesor de contidos
  • Ruth Sousa – Xestión e comunidade

Colaboramos con

  • Isabel Neira – Co-directora
  • Diego Parajó – Docente e titor
  • Beatriz R. Fontán – Docente e titora
  • Diego V. Meizoso – Docente e titor
  • Sonia Díaz – Docente e titora
  • Alejandro Nieves Rodrigues – Comunicación

Os resultados

📌 Unha comunidade profesional consolidada – Máis de 400 profesionais da xestión cultural participaron xa no programa, xerando un espazo inédito de aprendizaxe e conexión en Galicia.

📌 Unha formación flexible e adaptada ao sector – Formato bienal compatible coa actividade laboral, impartido por profesionais en activo e con prácticas opcionais en institucións e empresas culturais.

📌 Difusión en aberto do coñecemento – Desde hai xa dez anos, os resumos das sesións están dispoñibles para quen queira seguir o fío da formación en edu.xestioncultural.com/blog

🔗 Saber máis