Cultura Dixital

Coruña Dixital, unha ollada ao traballo realizado

09/01/2017

Na web do programa documentouse a intensa actividade que se desenvolveu durante os últimos meses de 2016. Entrando en corunadixital.gal poderás atopar resumos, vídeos de intervencións de expert*s, reportaxes fotográficas, información sobre mesas de traballo, prototipos que xurdiron e moito máis.

Tamén, na sección de INICIATIVAS, realizouse un mapeado de colectivos, espazos, e eventos da cidade onde poder inspirarse, aprender e experimentar de xeito colectivo coa #culturadixital.

Coruña Dixital, un programa promovido dende a área de Culturas e Coñecemento do Concello da Coruña, está  comisariado e coordinado polo noso compañeiro Sergio Lago.

Podes visitar o proxecto e seguir todas as novidades en coruñadixital.gal

Outras publicacións do proxecto