Deseñamos e coordinamos esta xornada dirixida a novos cargos públicos locais que asumen competencias en cultura. Tamén permitiu ofrecer un marco de reflexión sobre novos retos e enfoques para responsables políticos veteranos e persoal técnico do ámbito sociocultural.
Con este espazo de encontro búscase mostrar liñas de traballo contemporáneas, máis aló da cultura só como oferta de entretemento ou de atracción de visitantes. Cunha perspectiva máis ampla e integral do sistema cultural de proximidade que debe garantir os dereitos culturais da cidadanía.
Unha cultura cunha visión social, que permita mellorar o benestar e a vida das veciñas e veciños.
Esta xornada pon en valor tamén o perfil profesional da xestión cultural, a importancia da formación e do coñecemento técnico que aporta o persoal público. Ademais de divulgar que se trata dunha disciplina cun sólido marco académico, ampla vertebración profesional e recoñecemento por parte de numerosas institucións internacionais, que avalan e recomendan as liñas que se presentan.
- Natividade González Rodríguez, Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís.
- Alberto García, coordinador do caderno “A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura”.
• Cultura para a vida cotiá, cohesión social e convivencia. Con José Luis Pérez Pont, director do Centre del Carme Cultura Contemporània (CCCC) de Valencia.
• Participación cultural e prácticas artísticas comunitarias. Con Hugo Cruz, Art and Participation (Portugal).
• Cultura, benestar e inclusión social. Con Helena Teira, coordinadora xeral da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional.
• O relato patrimonial e turístico dos nosos territorios. Con Manuel Gago, director de culturagalega.gal, profesor na USC, divulgador, escritor e comisario de exposicións.
• Identidade, patrimonio inmaterial e conexión inter-xeracional. Con Sara Fraga, mediadora cultural.
• Cultura para o desenvolvemento territorial e a proxección exterior. Con Gil Ferreira, concelleiro de
Cultura, Educacion, Turismo e Xuventude no Município de Santa Maria da Feira (Portugal).