Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital

Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital

A finais de 2020 puxemos en marcha os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital co apoio da Deputación da Coruña a través do seu programa de Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural.

Esta iniciativa busca conectar a creadores e profesionais do eido dixital co tecido asociativo de concellos da contorna rural, favorecendo o intercambio de saberes e facilitando o acceso ás posibilidades que ofrece a contorna dixital para a divulgación, comunicación e creación de contidos.

Os laboratorios están deseñados como espazos de experimentación e co-creación, pero sen estar asociados a un único lugar físico. O seu desenvolvemento realizouse integramente en liña a través da nosa plataforma dixital, adaptándose ás condicións impostas pola situación da COVID-19.

Dirixido a…

Persoas vinculadas a asociacións, colectivos e proxectos culturais locais interesadas en explorar novas posibilidades dixitais para a comunicación, divulgación e dinamización das súas actividades.

O que fixemos

  • Deseño e coordinación do proxecto.
  • Creación e adaptación do percorrido formativo ao formato en liña.
  • Selección e colaboración con axentes creativos do eido dixital.
  • Desenvolvemento de obradoiros prácticos sobre narrativas dixitais, creación audiovisual e comunicación participativa.

O enfoque

Nestes laboratorios, máis que o resultado final, o que importa é o proceso: aprender facendo e aprender compartindo. A través da colaboración e a experimentación, achegamos ás participantes ás oportunidades que as TIC ofrecen para a comunicación de proxectos e o coidado da comunidade.

Os obradoiros desenvolvéronse nos seguintes concellos e con diversos enfoques:
📌 Creación audiovisual – Merenda Creativa (Vimianzo)
📌 Narrativas dixitais – Gingko (Neda e Narón)
📌 Construímos un relato – BenCuriosa, con Antón Varela e María Masaguer (Carral, Muros, Cedeira e Valdoviño)
📌 Acción de guerrilla: crea a túa propia campaña contrapublicitaria – Illa Bufarda (para todos os concellos participantes)

O equipo

  • Ruth Sousa – Coordinación xeral
  • María Masaguer – Procesos participativos e patrimonio
  • Antón Varela – Creación e narrativas audiovisuais
  • Laura R. Duarte – Soportes web, produción técnica e contidos dixitais

Colaboramos con

  • Merenda Creativa – Creación audiovisual
  • Gingko – Narrativas dixitais
  • Illa Bufarda – Acción de guerrilla e contrapublicidade
  • Coma – Imaxe e deseño web

Os resultados

📌 Un proxecto participativo e diverso – Máis de 90 persoas vinculadas a 35 entidades culturais, sociais e comunitarias participaron na primeira edición dos laboratorios, explorando novas ferramentas dixitais para os seus proxectos.
📌 Unha experiencia de aprendizaxe en rede – Durante varias semanas, os grupos traballaron de maneira colaborativa, desenvolvendo contidos dixitais en galego con acompañamento profesional.
📌 Un proceso que continúa – A metodoloxía de traballo dos laboratorios segue inspirando novas experiencias de mediación dixital, aplicadas a diferentes contextos.

🔗 Saber máis