Cartel de Estratexias de Museoloxías Social 2025. O fondo é dun ceo en violetas. Mostra o lema deste ano: Comunidades en constante cambio: diálogo intercultural e diversidade.

Estratexias de Museoloxía Social: diálogo intercultural e diversidade

Un ano máis, a Rede Museística Provincial de Lugo confía en BenCuriosa para o deseño e coordinación da súa comunidade iberoamericana de aprendizaxe. Nesta edición 2025, centramos o foco na diversidade e no diálogo intercultural, convidando a reflexionar sobre o papel dos museos en sociedades en constante cambio. Desde Galicia cara ao mundo iberoamericano, abrimos…

Posgrao en Xestión e Innovación Cultural da USC

Posgrao en Xestión e Innovación Cultural da USC

BenCuriosa deseña e coordina integralmente este programa formativo dende a súa primeira edición no ano 2014. Na actualidade, está co-dirixido por Sergio Lago e Isabel Neira, profesora de economía aplicada na USC. O curso, agora con periodicidade bienal, celebra 10 anos de traxectoria ofrecendo un programa formativo adaptado ás características do sector cultural galego e…

EdMS24

Estratexias de Museoloxía Social: Investigar e aprender no museo con outro tempo

Un ano máis, a Rede Museística Provincial de Lugo confiounos o deseño e a coordinación do seu programa formativo de Estratexias de Museoloxía Social (#EdMS24). Tras o éxito das dúas primeiras edicións –centradas en estratexias dixitais (2022) e benestar e avaliación do impacto social (2023)–, esta comunidade de aprendizaxe consolidouse como punto de encontro da…

A Cultura é un dereito: Xornada de "Acción e políticas culturais municipais" da Deputación da Coruña

A Cultura é un Dereito: Xornada Acción e Políticas Culturais Municipais

A Deputación da Coruña confiou en nós para o deseño e a coordinación desta xornada, celebrada o 29 de setembro de 2023 en Santiago de Compostela. Dirixida a novos cargos públicos locais que asumen competencias en cultura, tamén serviu como marco de reflexión para responsables políticos veteranos e persoal técnico do ámbito sociocultural. A xornada…

A welcoming library space with people relaxing and reading on comfortable seating.

Curso de Dinamización e Xestión de Equipamentos Culturais Locais

En maio de 2023, a Deputación da Coruña impulsou este curso formativo de 25 horas dirixido a profesionais de entidades culturais públicas da provincia. O seu obxectivo foi achegar novas estratexias, metodoloxías e ferramentas para a dinamización, participación e desenvolvemento dos públicos culturais en equipamentos de proximidade. O curso ofreceu unha panorámica actualizada sobre os…

Cartaz de Estratexias da Museoloxía Social EdMS23, que se celebran baixo o título "O impacto da cultura no benestar e a sostibilidade"

Estratexias de Museoloxía Social: O impacto da cultura no benestar e a sustentabilidade

Deseñamos e coordinamos esta proposta formativa e de pensamento colectivo no 2023, para a comunidade iberoamericana de aprendizaxe da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL). A través dun espazo dixital, un ciclo de conversas, un módulo formativo e un encontro presencial final, desenvolvemos un proceso de reflexión e aprendizaxe no que abordamos como activar prácticas…

Estratexias Dixitais na Museoloxía Social

Estratexias Dixitais na Museoloxía Social

En 2022, en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), impulsamos Estratexias Dixitais na Museoloxía Social, unha comunidade de aprendizaxe aberta para a reflexión colectiva e o desenvolvemento de estratexias dixitais no ámbito museístico e cultural. Durante varios meses, máis de 400 profesionais de 17 países participaron nesta iniciativa, explorando como os espazos culturais…

A transformación dixital na cultura de proximidade

Transformación Dixital e o seu financiamento na Economía Social

En marzo e abril de 2022, desde BenCuriosa acompañamos a outras empresas de Economía Social nunha formación especializada sobre Transformación Dixital e acceso a fondos de financiamento. Este módulo de 20 horas formou parte do Programa Especializado de Formación Xerencial 2022 organizado pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop. A formación estruturouse arredor de seis sesións…

Cóntame Ferrol

Cóntame Ferrol

Cóntame Ferrol é unha iniciativa municipal posta en marcha en 2021 pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol para recompilar, preservar e difundir contidos sobre o territorio. O proxecto ten como obxectivo xerar un espazo de participación cultural da cidadanía a través do uso de ferramentas dixitais, promovendo novas formas de creación e comunicación….

A imaxe recolle a unha parte das persoas que participaron na primeira sesión en liña do curso Cultura, digitalización y transformación digital" que dende BenCuriosa desenvolvemos para a Dirección Xeral de Cultura do Goberno de Navarra. Trátase dun moisaico de caras sobre un fondo coa cor corporativa de BenCuriosa e os logos tanto nosos como do Goberno de Navarra

Cultura, digitalización y transformación digital

Para responder á necesidade de actualización de competencias dixitais no sector cultural, BenCuriosa puxo en marcha esta formación para a Dirección General de Cultura del Gobierno de Navarra – Institución Príncipe de Viana, dirixida a axentes culturais de Navarra. O curso, que se desenvolve integramente en liña, combina sesións presenciais virtuais unha vez por semana…